Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Mércores, 4 de abril de 2012 Páx. 12218

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública sobre instalación de industria cárnica na estrada da Coruña, número 95.

Comercial Macario, S.A. solicitou desta alcaldía licenza municipal para a instalación de industria cárnica na estrada da Coruña, número 95.

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días, co fin de que durante este –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación deste edicto– poidan examinar o expediente, no Servizo de Licenzas, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Lugo, 24 de febreiro de 2012.

Luis Manuel Álvarez Martínez
Tenente de alcalde delegado da Área de Urbanismo