Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 9 de abril de 2012 Páx. 12499

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de información pública (expediente AM/06/12).

Citic Censa Hic, S.A.U. solicitou da Alcaldía licenza municipal de obra e actividade para reforma e ampliación de naves industriais existentes destinadas a fabricación de elementos de caldeiraría pesada, sitas no Polígono Industrial Prado-Budiño, parcela R-22, desta localidade. En cumprimento do disposto no artigo 8.3, do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este tempo –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra– poidan examinar o expediente AM/06/12, na Sección de Urbanismo deste Concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que estimen oportunas.

O Porriño, 15 de marzo de 2012.

José Nelsón Santos Argibay
Alcalde