Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 9 de abril de 2012 Páx. 12500

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadeo

ANUNCIO da segunda exposición pública do Plan Xeral de Ordenación Municipal deste concello.

O Pleno do Concello de Ribadeo, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 23 de marzo de 2012, conforme o disposto no artigo 85 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e de acordo co disposto igualmente nos artigos 11 do Real decreto lexislativo 2/2008, do 20 de xuño, polo que aproba o texto refundido da Lei do solo, e artigo 7 da vixente Lei 6/2007, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, acordou, a realización dun novo trámite de información pública do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ribadeo, por dous meses, de xeito previo á formulación do documento preciso para a aprobación provisional do referido plan xeral e seguir a restante tramitación a que se refire o mencionado artigo, declarando a subsistencia e a súa incorporación ao plan de todos os informes sectoriais emitidos no procedemento previo que se tramitou en aplicación do principio de conservación dos actos administrativos.

O prazo de exposición de dous meses comezará a contar a partir do día seguinte ao da última publicación en que apareza este anuncio (Boletín Oficial da provincia de Lugo ou Diario Oficial de Galicia).

Durante o dito prazo todas as persoas interesadas poderán facer uso do seu dereito a consultar os documentos nas dependencias municipais habilitadas para o efecto e formular as alegacións por escrito que, de ser o caso, xulguen oportunas, que se deberán presentar por duplicado exemplar.

O plan poderá ser consultado igualmente na páxina web: www.ribadeo.org

Ribadeo, 26 de marzo de 2012.

Fernando Suárez Barcia
Alcalde

Fidel Maañón López
Secretario accidental