Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 11 de abril de 2012 Páx. 12955

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Ribadavia (expediente IN407A 2012/11-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica:

Solicitante: Galicia Auto Estampación, S.A.U.

Domicilio social: parque empresarial de Ribadavia, parcela 27-38.

Denominación: C.T. para nave Galicia Auto Estampación.

Situación: Ribadavia.

Características técnicas:

C.T. 2 Galicia Auto Estampación, de 1.250 kVA e R/T 20.000/400-230 V, alimentado pola L.M.T. do expediente 2007/135-A.T.

Orzamento: 4.492,58 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, rúa Curros Enríquez, 1-4.º, no prazo de vinte días. Así mesmo e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 19 de marzo de 2012.

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense