Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 11 de abril de 2012 Páx. 12921

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2012, da Xerencia Executiva de Cee, pola que se resolve, con carácter definitivo, a convocatoria pública para a provisión, polo procedemento de libre designación, dun posto de supervisor da Área de Admisión e Consultas Externas no Hospital Virxe da Xunqueira.

A Xerencia Executiva de Cee resolve, con carácter definitivo, e tras a súa cobertura polo procedemento de libre designación, designar a Xosé Lois López Gutiérrez para o desempeño dun posto de supervisor da Área de Admisión e Consultas Externas, provisión convocada pola Resolución do 28 de outubro de 2011, da Xerencia Executiva de Cee (DOG n.º 229, do 30 de novembro).

Contra esta resolución poderase interpoñer, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso de alzada, perante a División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Cee, 14 de marzo de 2012.

Ramón Ares Rico
Xerente executivo de Cee