Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 11 de abril de 2012 Páx. 12911

IV. Oposicións e concursos

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 21 de marzo de 2012 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 18 de outubro de 2011.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, pola Orde do 18 de outubro de 2011 (Diario Oficial de Galicia número 215, do 10 de novembro), de conformidade co disposto no artigo 29.2 do Decreto legislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 17.4 do referido decreto lexislativo, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 18 de outubro de 2011 (Diario Oficial de Galicia número 215, do 10 de novembro).

Segundo. Declarar deserto o posto de traballo que se indica:

Código do posto: MR.C07.00.002.15770.014.

Denominación: Servizo de Programación.

Nivel: 28.

Dependencia: Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes.

Localidade: Santiago de Compostela.

Terceiro. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2012.

Rosa M.ª Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar