Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 11 de abril de 2012 Páx. 13000

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Dumbría

ANUNCIO de información pública sobre licenza para a construción dunha nave destinada a planta de tratamento e xestión de residuos industriais e da construción.

Servicios Industriales y Ambientales Vimianzo, S.L. solicita deste concello licenza para a limpeza dun predio e a posterior construción dunha nave destinada a planta de tratamento e xestión de residuos industriais e da construción no monte Agudo, na parroquia de Salgueiros. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, o expediente sométese á información pública polo prazo de vinte días hábiles, que comezará a contar desde a última inserción deste anuncio no BOP e no DOG, para que quen se vexa afectado dalgún modo pola actividade presente as alegacións ou reclamacións que considere pertinentes.

Dumbría, 19 de marzo de 2012.

José Manuel Pequeño Castro
Alcalde