Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 11 de abril de 2012 Páx. 13004

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Silleda

ANUNCIO de información pública sobre a construción de nave industrial para destinala a almacén de elementos de caldeiraría pesada, no parque empresarial Área-33.

Juan Otero Lorenzo, en representación de Sometal, S.L.U., presentou neste concello solicitude de licenza de obra e actividade para a construción de nave industrial para destinala a almacén de elementos de caldeiraría pesada, na parcela 2BC do cuarteirón 10, do parque empresarial Área-33 (Silleda). En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese o expediente a exposición pública durante o prazo de vinte días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Estará exposto no taboleiro de anuncios do concello e poderá consultarse no Departamento de Urbanismo deste concello os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, para efectos de posibles reclamacións.

Silleda, 19 de marzo de 2012.

Paula Fernández Pena
Alcaldesa presidenta