Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 12 de abril de 2012 Páx. 13166

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Axencia Estatal de Administración Tributaria

ANUNCIO de poxas.

Poxas n.º: S2012R1576001006/S2012R1576001007.

A xefa da Dependencia de Recadación da Delegación Especial da Axencia Estatal da Administración Tributaria de Galicia fai saber que, de conformidade co disposto no artigo 101 do Regulamento xeral de recadación aprobado polo Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, se ditaron acordos con data do 15 de febreiro de 2012 nos cales se decreta o alleamento, mediante poxa, dos bens embargados que se detallan na relación de bens que se van poxar, incluída neste anuncio como anexos 1 e 2. As poxas terán lugar o día 23 de maio de 2012, ás 10.00 e 12.00 horas, respectivamente, no salón de actos da Delegación da Axencia Estatal da Administración Tributaria, r/ Comandante Fontanes, n.º 10, 3.º andar, A Coruña.

En cumprimento do citado artigo, publícase este anuncio e son informadas as persoas que desexen participar na poxa do seguinte:

Primeiro. Os bens que se poxarán están afectos polas cargas e gravames que figuran na súa descrición e que constan no expediente, as cales quedan subsistentes sen que se lles poida aplicar á súa extinción o prezo do remate.

Segundo. A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación dos bens se se realiza o pagamento do importe da débeda non ingresada, os xuros que se xerasen ou se xeren ata a data do ingreso no Tesouro, as recargas do período executivo e as custas do procedemento de constrinximento.

Terceiro. Os licitadores poderán enviar ou presentar as súas ofertas en sobre pechado desde o anuncio da poxa ata unha hora antes do comezo desta, sen prexuízo de que poidan participar persoalmente na licitación con ofertas superiores ás do sobre. As ditas ofertas, que terán o carácter de máximas, serán presentadas no rexistro xeral da oficina en que teña lugar a poxa, facendo constar no exterior do sobre os datos identificativos dela. No sobre incluiranse, ademais da oferta e do depósito constituído conforme o punto número catro, os datos correspondentes ao nome e apelidos ou razón social ou denominación completa, número de identificación fiscal e domicilio do licitador.

Os licitadores poderán participar na poxa pola vía telemática mediante a presentación de ofertas e/ou poxas automáticas a través da páxina web da Axencia Tributaria, http://www.agenciatributaria.es, de acordo co establecido na Resolución 5/2002, do 17 de maio (BOE do 24 de maio), da Dirección Xeral da Axencia Estatal de Administración Tributaria, pola que se regula a participación pola vía telemática nos procedementos de alleamento de bens desenvolvidos polos órganos de recadación.

Cuarto. Todo licitador terá que constituír ante a mesa da poxa, con anterioridade a súa realización, un depósito do 20 por cento do tipo de poxa en primeira licitación, agás no caso daqueles lotes en que se acordase unha porcentaxe menor, que en ningún caso será inferior ao 10 por cento. O importe do depósito para cada un dos lotes está determinado na relación de bens que se van poxar incluída neste anuncio.

O depósito deberá constituírse mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artigo 35.1 do Regulamento xeral de recadación ou por vía telemática a través dunha entidade colaboradora adherida a este sistema, que asignará un número de referencia completo (NRC) que permita a súa identificación, de acordo co establecido na Resolución 5/2002, do 17 de maio (BOE do 24 de maio), do director xeneral da Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, este depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades en que poidan incorrer polos maiores danos que orixine a falta de pagamento.

Quinto. No caso de que non resulten adxudicados os bens nunha primeira licitación, a mesa de poxa poderá realizar unha segunda licitación, se o considera procedente, fixará o novo tipo de poxa no 75% do importe da 1.ª licitación, ou ben anunciará a iniciación do trámite de adxudicación directa que se levará a cabo de acordo co artigo 107 do Regulamento xeral de recadación.

Sexto. O adxudicatario deberá ingresar na data de adxudicación, ou dentro dos quince días seguintes, a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.

O ingreso poderá realizarse en bancos, caixas de aforro e cooperativas de crédito nas cales non é preciso ter conta aberta. Tamén poden realizar o pagamento mediante cargo na súa conta corrente, a través da internet no enderezo http://www.agenciatributaria.es, na opción Oficina virtual. Pagamento de impostos.

Así mesmo, se llo solicita á mesa de poxa no acto da adxudicación, o adxudicatario poderá realizar o ingreso do importe total do prezo da adxudicación; neste caso, unha vez comprobado o ingreso, a Axencia Tributaria levantará a retención realizada sobre o depósito constituído polo adxudicatario.

Sétimo. Cando na licitación non se cubrise toda a débeda e faltasen bens por adxudicar, a mesa de poxa anunciará o inicio de trámite de adxudicación directa.

As ofertas poderanse presentar no prazo que para tales efectos comunique a mesa de poxa. Deberanse presentar en sobre pechado no rexistro xeral da oficina onde se realizase a poxa, e deberán de ir acompañadas, se é o caso, do depósito.

Así mesmo, poderanse presentar ofertas a través da páxina web da Axencia Tributaria http://www.agenciatributaria.es, de acordo co establecido na Resolución 5/2002, do 17 de maio (BOE do 24 de maio), da Dirección Xeral da Axencia Estatal de Administración Tributaria, pola que se regula a participación pola vía telemática nos procedementos de alleamento de bens desenvolvidos polos órganos de recadación.

Rematado o prazo sinalado pola mesa de poxa, esta abrirá as ofertas presentadas e poderá proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. No caso contrario, anunciarase a extensión do prazo para a presentación de novas ofertas ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento e así sucesivamente, co límite total de seis meses.

O prezo mínimo de adxudicación directa será o tipo de poxa na 1.ª licitación cando non se considerase procedente realizar unha 2.ª licitación; se existise 2.ª licitación, non haberá prezo mínimo.

Oitavo. Cando se trate dun ben inmoble, o adxudicatario poderá solicitar expresamente no acto da adxudicación o outorgamento da escritura pública de venda de inmoble.

Noveno. Cando se trate de bens inscritibles nos rexistros públicos, os licitadores non terán dereito a exixir outros títulos de propiedade distintos aos que se achegan no expediente; os ditos títulos estarán á disposición dos interesados nas oficinas desta dependencia de recadación, onde poderán ser examinados todos os días hábiles a partir da publicación deste anuncio ata o día anterior ao da poxa. No caso de non estaren inscritos os bens no rexistro, o documento público de venda é un título mediante o cal se pode efectuar a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria; nos demais casos en que sexa preciso, poderá procederse como dispón o título VI da Lei hipotecaria para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.

Décimo. O tipo de poxa non inclúe os impostos indirectos que gravan a transmisión dos ditos bens. Todos os gastos e impostos derivados da transmisión, incluídos os derivados da inscrición no rexistro correspondente do mandamento de cancelación de cargas posteriores, serán por conta do adxudicatario.

O adxudicatario exonera expresamente a AEAT, ao abeiro do artigo 9 da Lei 49/1960, do 21 de xuño, de propiedade horizontal, modificado pola Lei 8/1999, do 6 de abril, da obriga de achegar certificación sobre o estado das débedas da comunidade. Serán por conta deste os gastos que queden pendentes do pagamento.

Décimo primeiro. O procedemento de constrinximento só se suspenderá nos termos e condicións sinalados no artigo 165 da Lei xeral tributaria (Lei 58/2003, do 17 de decembro).

Décimo segundo. Para todo o non previsto neste anuncio observarase o preceptuado nas disposicións legais que regulen o acto.

A Coruña, 15 de febreiro de 2012.

M. Montserrat Casal Bascoy
Xefa da Dependencia Rexional de Recadación da Delegación
Especial da Axencia Tributaria de Galicia

Anexo 1

Relación de bens que se van poxar

Poxa n.º: S2012R1576001006.

Lote único.

N.º de dilixencia: 151023301004X.

Data da dilixencia: 26.1.2010.

Tipo de poxa en 1.ª licitación: 217.740,29 euros.

Tramos: 2.000,00 euros.

Depósito: 43.548,05 euros.

Tipo de dereito: pleno dominio.

Ben número 1.

Tipo de ben: vivenda.

Localización: r/ Manuel Murguía, 30 G 6, 15011 A Coruña.

Inscrición: Rexistro número 1 da Coruña.

Tomo: 1.

Libro: 1330.

Folio: 49.

Predio: 76036N.

Inscrición 1.

Descrición: predio urbano número 30, andar sexto alto, tipo G da casa n.º 6, situada na rúa Manuel Murguía, tendo tamén fachada pola súa parte traseira á rúa paralela a Manuel Murguía. Destínase a vivenda das denominadas dúplex. Ten o seu acceso directo desde o exterior a través do portal número dous, coas súas correspondentes escaleiras e ascensor. Ten unha superficie útil de cento quince metros e vinte e cinco decímetros cadrados.

Lindeiros: fronte, voo sobre a rúa Manuel Murguía; dereita, canón e relanzo das escaleiras, caixa de ascensor e a vivenda tipo H deste mesmo andar e portal; esquerda, casa número 8 da rúa Manuel Murguía; e parte traseira, caixa de ascensor e patio interior.

Valoración: 406.100,00 euros.

Cargas: 188.359,71 euros:

– Carga n.º 1: anotación preventiva letra F, Recadación Concello da Coruña. Importe 4.391,12 €.

– Carga n.º 2: hipoteca a favor do Banco Gallego, S.A. Importe 183.068,59 €.

Anexo 2

Relación de bens que se van poxar

Poxa n.º: S2012R1576001007.

– Lote 01.

N.º de dilixencia: 150823305983V.

Data da dilixencia: 2.12.2008.

Tipo de poxa en 1.ª licitación: 37.200,00 euros.

Tramos: 1.000,00 euros.

Depósito: 7.440,00 euros.

Tipo de dereito: pleno dominio.

Ben número 1.

Tipo de ben: garaxe.

Localización: r/ San Xoán, s/n, 2, 15407 Narón (A Coruña).

Inscrición: Rexistro de Narón.

Tomo: 2503.

Libro: 605.

Folio: 211.

Predio: 52610.

Inscrición 1.

Descrición: local na planta soto -2, destinado a garaxes e rochos.

Lindeiros: dereita, edificio n.º 11 da rúa San Xoán e María Patin Sanjurjo. Esquerda, estrada do Feal. Fondo, María del Carmen Pereira Docal. Fronte, subsolo da rúa San Xoán.

Valoración: 37.200,00 euros. Non constan cargas.

– Lote 02.

Tipo de poxa en 1.ª licitación: 60.677,00 euros.

Tramos: 2.000,00 euros.

Depósito: 12.135,40 euros.

Tipo de dereito: pleno dominio.

Ben número 1.

Tipo de ben: local comercial.

Localización: r/ San Xoán, s/n, C 0, 15407 Narón ( A Coruña).

Inscrición: Rexistro de Narón.

Tomo: 2503.

Libro: 605.

Folio: 221.

Predio: 52615.

Inscrición 1.

Descrición: local no andar baixo do portal C, destinado a usos comerciais, de 64,14 m2 de superficie.

Lindeiros: dereita, portal C, vivenda letra A do portal B e terraza anexa á citada vivenda. Esquerda, estrada do Feal. Fondo, rampla de acceso aos andares do soto.

Valoración: 60.677,00 euros. Non constan cargas.

– Lote 03.

Tipo de poxa en 1.ª licitación: 56.778,96 euros.

Tramos: 1.000,00 euros.

Depósito: 11.355,79 euros.

Tipo de dereito: pleno dominio.

Ben número 1.

Tipo de ben: vivenda.

Localización: r/ San Xoán s/n B 01 B, 15407 Narón (A Coruña).

Inscrición: Rexistro de Narón.

Tomo: 2505.

Libro: 606.

Folio: 3.

Predio: 52619.

Inscrición 1.

Descrición: vivenda no andar primeiro letra B do portal B do edificio sito na rúa de San Xoán. Ten como anexo para o seu uso exclusivo unha terraza.

Superficie útil 48,52 m2.

Lindeiros: dereita, rúa San Xoán. Esquerda, terraza que separa de María del Carmen Pereira Local. Fondo, vivenda no andar primeiro letra A do portal A.

Valoración: 56.778,96 euros. Non constan cargas.

– Lote 04.

Tipo de poxa en 1.ª licitación: 38.550,00 euros.

Tramos: 1.000,00 euros.

Depósito: 7.710,00 euros.

Tipo de dereito: pleno dominio.

Ben número 1.

Tipo de ben: garaxe.

Localización: r/ San Xoán, s/n, 1, 15407 Narón (A Coruña).

Inscrición: Rexistro de Narón.

Tomo: 2503.

Libro: 605.

Folio: 213.

Predio: 52611.

Inscrición 1.

Descrición: local no andar soto 1, destinado a garaxes e rochos.

Lindeiros: dereita, edificio n.º 11 da rúa San Xoán e María Pantin Sanjurjo. Esquerda, estrada do Feal. Fondo, María del Carmen Pereira Docal. Fronte, subsolo da Rúa San Xoán.

Valoración: 38.550,00 euros. Non constan cargas.