Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 13 de abril de 2012 Páx. 13375

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que implica, o estudo ambiental e a solicitude de acollida ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica das instalacións referidas ao Parque Eólico Coto de Eiras, nos concellos de Fornelos de Montes e Mondariz (Pontevedra) (expediente IN661A 2011/16-4).

En cumprimento do disposto na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia; no Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos, modificado pola Lei 6/2010, do 24 de marzo; no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal; no Decreto 661/2007, do 25 de maio, polo que se regula a actividade de produción de enerxía eléctrica en réxime especial; na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia; e na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia; sobre autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública, por solicitude da empresa Puentengasa Coto de Eiras II, S.L. as instalacións que a seguir se describen:

Título: Parque Eólico Coto de Eiras.

Solicitante: Puentengasa Coto de Eiras II, S.L.

Domicilio social: estrada da Estación, s/n, Sigüeiro, 15888 Oroso.

Concellos afectados: Fornelos de Montes e Mondariz.

Superficie afectada: 469 ha.

Emprazamento (coordenadas UTM):

Coordenadas da poligonal de delimitación:

545937.3

4685183.1

547309.5

4683826.5

546041.2

4684837.2

546682.0

4683845.2

546352.3

4684980.9

546807.2

4683401.2

546770.8

4685110.0

547406.5

4683132.8

546920.4

4685224.2

547838.7

4682617.4

547021.1

4685245.1

548096.9

4682137.7

547456.7

4685026.7

547843.0

4682001.0

547623.3

4685257.1

547716.2

4682001.0

547443.2

4685610.9

547545.3

4682318.6

547315.2

4685871.2

546814.2

4682480.1

547535.9

4685993.3

546314.5

4683209.5

547704.8

4685993.3

546166.5

4684070.7

548255.9

4685449.3

545982.8

4684313.1

548317.1

4684684.5

545684.9

4684632.8

548302.5

4684669.8

545588.7

4684952.9

548185.0

4684684.4

545380.2

4685126.8

548109.8

4684636.0

545001.0

4685408.8

547900.2

4684634.0

545001.0

4685512.9

547671.9

4684641.6

545189.8

4685766.8

547430.5

4684718.5

545627.8

4685441.2

547688.5

4683954.5

Coordenadas dos aeroxeradores:

CE 01

545231

4685487

CE 02

545504

4685284

CE 03

545763

4685068

CE 04

545863

4684735

CE 05

546136

4684442

CE 06

546343

4684169

CE 07

546492

4683782

CE 08

546635

4683275

CE 09

546871

4683120

CE 10

546951

4682850

CE 11

547305

4684465

CE 12

547435

4684080

CE 13

547725

4685635

CE 14

547985

4685416

CE 15

547692

4682468

CE 16

547826

4682219

Características técnicas do parque eólico:

– 16 aeroxeradores modelo Vestas V112, cunha potencia nominal unitaria de 3 MW.

– Potencia total instalada: 48 MW.

– Produción neta anual estimada: 118.145 MW h/ano.

– Orzamento total: 43.811.244,08 euros.

Características técnicas da infraestrutura eléctrica de xeración, transformación e interconexión:

– 16 transformadores de 3.450 kVA instalados no interior da góndola cunha relación de transformación 0,65/30 kV.

– Rede subterránea de interconexión entre as máquinas existentes a 30 kV.

– Subestación transformadora equipada con transformador de 50-60 MVA, relación de transformación 220/30 kV, aparellaxe de medida, protección, telemando, grupo electróxeno e demais equipamento auxiliar.

Obxecto da información pública:

– Estudo ambiental.

– Autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución, declaración de utilidade pública das instalacións que comprende o proxecto do parque eólico.

A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

– Declaración da instalación como de réxime especial de produción eléctrica.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

A relación concreta e individualizada dos propietarios, bens e dereitos afectados figuran no anexo que se insire con esta resolución.

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares de dereitos afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante, e que figuran na relación do anexo que se insire con esta resolución, así como ás persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar o proxecto e presentar as alegacións que consideren oportunas, nesta xefatura territorial, sita na avda. Fernández Ladreda, n.° 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación desta resolución ou notificación individual.

Así mesmo, o estudo ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico poderanse examinar nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en Pontevedra, concellos de Fornelos de Montes e Mondariz, e nesta Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, podendo presentarse ante a mesma cantas alegacións se consideren oportunos dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior.

Rematado o dito prazo, o expediente, xunto coas alegacións recibidas, remitiranse á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Esta publicación faise igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar ou o medio de notificación, ou ben cando, intentada a notificación, non se puidese realizar.

Pontevedra, 6 de marzo de 2012.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Afectados: Parque Eólico Coto de Eiras.

Titular

Datos catastrais

Afeccións en m2

Nome

Enderezo

CP

Concello

N.º

Pol.

Par.

Terreo

Paraxe

Pleno dominio

Servidume de paso

Servidume de voo

Subestación

Zapata

Vías

Gabia

Plataforma montaxe

CMVMC Ventín

Pres.: José Martínez López

Bar Aballe, Rúa

da Fonte, n.º 6

36847

Fornelos de Montes

1

Mixto

Varias

3.000,00

1.042,00

18.323,00

39.690,00

13.818,00

20.326,00

CMVMC

Traspielas

PRES: Jesús Costas Abril

Freaza n.º 4, Traspielas

36847

Fornelos de Montes

3

Mato

Coto de Guindastre

2.198,00

3.241,00

14.284,00

32.299,00

44.230,00

CMVMC

Estacas

Pres.: Delmiro Sebastián Muñoz

Estacas n.º 28

36847

Fornelos de Montes

2

Mixto

Varias

528,00

3.457,00

14.310,00

5.519,00,

9.532,00

CMVMC

Gargamala

Gargamala, s/n

36870

Mondariz

4

Mato

Coto de Eira

628,00

5.077,00

14.040,00

9.052,00

12.364,00

CMVMC

Sabaxáns

Pres.: Ceferino Bello Casal

Sabaxáns s/n

36870

Mondariz

5

Mato

Fonte Santa

628,00

9.280,00

22.150,00

9.052,00

12.364,00

Pedra Pais, S.L.

Outeiro, n.º 5

36454

Salvaterra de Miño

2938

P.I. pedra país recursos mineiros

Exblogra, S.L.

Riveira-Torneiros, n.º 43

36410

O Porriño

2693

P.I. pielas

recursos mineiros

Minor Galicia, S.L.

Capitán Eloy, n.º 29, 4.º B

32003

Ourense

3007.2

P.I. cloe

fracc. 2

Minor Galicia, S.L.

Capitán Eloy, n.º 29, 4º B

32003

Ourense

3010

P.I. Corvos