Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica:
Solicitante: Electro Manzaneda, S.L.
Domicilio social: Dr. Marañón 4, entresollado A, 32005 Ourense.
Denominación: cambio a subterráneo L.M.T. aérea existente ao C.T. Fontefría.
Situación: A Pobra de Trives.
Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 1.400 m, con condutor tipo R.Z.H. 12/20 kV 1×95 mm2 e orixe na caseta de M.T. Queixa na Estación de Montaña Manzaneda e remate no tramo subterráneo existente da L.M.T. n.º 3, expediente 1043, ao C.T. Fontefría.
Orzamento: 125.353,76 euros.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente.
Ourense, 8 de febreiro de 2012.
Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense