Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 13 de abril de 2012 Páx. 13349

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (109/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial do reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 109/2009, seguido neste xulgado, foi ditada sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Na Coruña o 14 de marzo de 2012. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo n.º 109/2009 seguidos por instancia de Ana María Ordoñez Suárez, representado polo letrado Sr. Pena Díaz, contra a empresa Barlovento Hostelería, S.L., que non comparece e o Fogasa, que comparece representado polo letrado Sr. Morado Díaz; versa a litis sobre reclamación de salarios.

Resolvo que, estimando parcialmente a demanda formulada por Ana María Ordoñez Suárez, representada polo letrado Sr. Pena Díaz, contra a empresa Barlovento Hostelería, S.L., que non comparece, e o Fogasa, que comparece representado polo letrado Sr. Morado Díaz, debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a suma de 3.665,66 euros, incrementada cos xuros de demora pertinentes. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da responsabilidade que poida ter respecto a tales cantidades segundo o establecido no artigo 33 do E.T. Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente-causa dun deles, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros (artigo 229 da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social) na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Barlovento Hostelería, S.L. en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, na Coruña o 21 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial