Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 13 de abril de 2012 Páx. 13348

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (48/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 48/2009, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«A Coruña, catorce de marzo de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 48/2009 seguidos por instancia de Ricardo Cotelo Fraga, representado polo letrado Sr. Nogueira Esmorís, contra a empresa Manuel Rieiro Couto, en rebeldía procesual, e o Fogasa, que comparece representado polo letrado Sr. Morado Díaz, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Decido que estimando integramente a demanda formulada por Ricardo Cotelo Fraga, representada polo letrado Sr. Nogueira Esmorís, contra a empresa Manuel Rieiro Couto, en rebeldía procesual, e o Fogasa, que comparece representado polo letrado Sr. Morado Díaz, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle á demandante a suma de 2.848,00 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria respecto a tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 do ET. Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que en virtude do disposto no artigo 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social, non cabe recurso contra ela. Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino, Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Manuel Ribeiro Couto, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 21 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial