Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 13 de abril de 2012 Páx. 13334

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (750/2011).

Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 750/2011 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Xulio Oliveira Lago, José Martínez Sánchez, José Antonio Sánchez Astray e Antonio Luis Barreiro Recouso, contra a empresa Casa Chelo, S.A., e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva é o seguinte:

Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Número de sentenza: 217/2012.

Autos: 750/2011.

Na cidade da Coruña, 16 de marzo de 2012.

Lara M.ª Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver estes autos sobre despedimento, por instancia de Xulio Oliveira Lago, José Martínez Sánchez, José Antonio Sánchez Astray e Antonio Luis Barreiro Recouso, que comparecen representados polo letrado Sr. Trashorras López, contra a empresa Casa Chelo, S.A., e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, ditou a seguinte resolución:

Que, estimando a demanda interposta por Xulio Oliveira Lago, José Martínez Sánchez, José Antonio Sánchez Astray e Antonio Luis Barreiro Recouso contra a empresa Casa Chelo, S.A., declaro improcedente o despedimento de que foron obxecto o 30.6.2011 e declaro extinguidas as relacións laborais con data desta sentenza, e condénoa a indemnizalos pola extinción coas cantidades –salvo erro ou omisión– de: (a) oitenta e cinco mil oitocentos dezasete euros e tres céntimos (85.817,03 euros) ao Sr. Oliveira Lago e con aboamento, en todo caso, dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a desta resolución, tendo en conta que ascenden a dezaoito mil catrocentos setenta e oito euros e vinte céntimos (18.478,20 euros); (b) cincuenta e seis mil catrocentos sesenta euros e sesenta céntimos (56.460,60 euros) ao Sr. Martínez Sánchez e con aboamento, en todo caso, dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a desta resolución, tendo en conta que ascenden a once mil seiscentos cincuenta euros e sesenta céntimos (11.650,60 euros); (c) cincuenta e un mil oitocentos corenta e un euros e trinta e nove céntimos (51.841,39 euros) ao Sr. Sánchez Astray e con aboamento, en todo caso, dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a desta resolución, tendo en conta que ascenden a once mil trescentos trinta e oito euros e sesenta céntimos (11.338,60 euros); e (d) cincuenta mil douscentos sete euros e oitenta e cinco céntimos (50.207,85 euros) ao Sr. Barreiro Recouso; e con aboamento, en todo caso, dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a desta resolución, tendo en conta que ascenden a doce mil seiscentos doce euros e sesenta céntimos (12.612,60 euros).

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta a nome deste xulgado acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade no que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Casa Chelo, S.A., en ignorado paradoiro, expido esta para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 8 de marzo de 2012.

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial