Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 13 de abril de 2012 Páx. 13339

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (483/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario número 483/2011 deste xulgado do Social, seguido por instancia de Abib Gueye contra a empresa José Manuel Regueira Leis-Residencia canina Marina Dog, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de dereito e cantidade interpuxo Abib Gueye, contra José Manuel Regueira Leis e, en consecuencia, debo declarar e declaro a existencia de relación laboral entre ambos entre o 1 de novembro de 2009 e o 2 de febreiro de 2011 e, igualmente, debo condenar e condeno a José Manuel Regueira Leis a que lle aboe ao demandante a cantidade de 5.637,76 euros brutos por diferenzas salariais e salarios xerados entre abril de 2010 e o 2 de febreiro de 2011, incrementadas co xuro do 10% por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso o interpón a parte demandada, non se admitirá sen a consignación previa do importe da condena, que deberá ingresar na conta no Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, n.º 47570000 código 36 e número de expediente, máis 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1 a) da Lei reguladora da xurisdición social. Ambos os ingresos deberanse efectuar por separado na mesma conta corrente antes indicada, e a empresa poderá substituír o importe da consignación pola constitución, á disposición deste xulgado, de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese o destinatario José Manuel Regueira Leis (Residencia Canina Marina Dog) que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás as que sexan autos, sentenzas ou cando se trate de emprazamentos

A Coruña, 20 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado