Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 16 de abril de 2012 Páx. 13454

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 169/2011, interposto por Manuela Méndez Lombardía e outros.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 169/2011, interposto por Manuela Méndez Lombardía, María Blanca Novo Teijeiro, Consuelo Cordón Carvajal, Santiago David Suárez Pita, María Aurora Moinelo Paradela e Ana María Loreto Lago Morán, contra a Resolución do 2 de xaneiro de 2011 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 30 de decembro de 2010 que aproba a relación de postos de traballo nos departamentos da Administración da Xunta de Galicia referentes aos procesos de consolidación da disposición transitoria décima do V Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2012.

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública