Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 16 de abril de 2012 Páx. 13456

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2012 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de abril de 2012 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar xustifícase polas necesidades organizativas e funcionais da consellería.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Traballo e Benestar, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 12 de abril de 2012, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación, agás as amortizacións, creacións e modificacións dos postos de traballo afectados pola desaparición dos centros de menores Virxe do Carme e de Soutomaior, así como pola fusión do novo centro Complexo de Menores de Ferrol, que quedan demoradas ata o día 18 de xuño de 2012.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 12 de abril de 2012, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar, coa finalidade de cumprir o dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2012.

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file