Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 16 de abril de 2012 Páx. 13542

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2012, da Dirección Xeral de Promoción do Emprego, pola que se fai público o depósito dos estatutos da Asociación de Autónomos y Profesionales de Galicia (Caype en Galicia).

En cumprimento do disposto no artigo 4.2 do Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia, faise público que no Servizo dos Autónomos e Inserción Laboral da Dirección Xeral de Promoción do Emprego están depositados os estatutos da Asociación de Autónomos y Profesionales de Galicia (Caype en Galicia), da cal se fan as seguintes indicacións:

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Especialidade subxectiva e de obxectivos: a defensa, promoción e dignificación do traballador autónomo.

Ámbito funcional: poderán formar parte da asociación todos os profesionais e autónomos domiciliados no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Asinantes da acta de constitución: Eliseo Calviño Lema, Paulino Franco Cantón, María Milagros Vázquez Reino, José Manuel Martínez Rodríguez e María del Carmen Canel Crespo.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2012.

M.ª Amparo González Méndez
Directora xeral de Promoción do Emprego