Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 16 de abril de 2012 Páx. 13557

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Betanzos

ANUNCIO de licitación para a contratación dos servizos de consultoría e asistencia técnica para redactar o Plan Xeral de Ordenación Municipal.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Betanzos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Contratación.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: contratación dos servizos de consultoría e asistencia técnica para a redacción e o trámite de aprobación do Plan Xeral de Ordenación Urbanística do Concello de Betanzos.

b) Prazo de prestación do servizo: 30 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Forma: procedemento aberto con multiplicidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación (IVE incluído): 180.000 euros.

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5% do prezo de licitación sen IVE.

6. Obtención de información e documentación:

a) Entidade: Concello de Betanzos.

b) Enderezo: praza de Galicia n.º 1.

c) Localidade e código postal: Betanzos 15300.

d) Teléfono: 981 77 65 25.

e) Data límite de obtención de documentos e información: desde a publicación deste anuncio no perfil do contratante ata as 12.00 horas do último día de presentación de proposicións.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: 20 días contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial da provincia, segundo sexa o último publicado, finalizando ás 14.00 horas.

b) Documentación que deben presentar: a que consta no prego de condicións administrativas.

c) Lugar de presentación: praza de Galicia n.º 1 (edificio Liceo), Betanzos 15300.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.

8. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Concello de Betanzos (Negociado de Contratación).

b) Enderezo: praza da Galicia n.º 1 (edificio Liceo), 15300 Betanzos.

c) Data: quinto día hábil seguinte ao do prazo de licitación, que pasará ao luns de coincidir en sábado.

d) Hora: 12.00 horas.

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Betanzos, 21 de marzo de 2012.

José Ramón García Vázquez
Alcalde presidente