Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 16 de abril de 2012 Páx. 13559

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle para ordenar a ocupación e reaxustar as aliñacións de oito parcelas e agrupar tres delas, situadas en solo urbano, no Plan parcial Buenos Aires, área de repartición AR-S3.

1. O Pleno do Concello da Laracha, en sesión ordinaria do día 25 de xaneiro de 2012, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle para ordenar a ocupación e reaxustar as aliñacións de oito parcelas e agrupar tres delas, situadas en solo urbano, no Plan parcial Buenos Aires, área de repartición AR-S3, tramitado por Melchor Barreiro e Hijos, S.L., segundo proxecto redactado polo arquitecto David Barreiro Loureiro, colexiado número 3419.

Segundo. Publicar o acordo no Diario Oficial de Galicia e o articulado das normas do estudo de detalle, así como o acordo correspondente no Boletín Oficial da provincia; non entrará en vigor ata que se publique completamente o seu texto e transcorra o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, do 2 abril, de bases do réxime Local.

Terceiro. Ordenarlle ao secretario da Corporación que dilixencie os planos e documentos aprobados definitivamente.

Cuarto. Comunicar a aprobación definitiva á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, á vez que se lle dará traslado dunha copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que integran o estudo de detalle.

Recursos. Este acordo será impugnable mediante:

Recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que o ditou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao desta publicación, ou directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses.

Pode exercitarse, de ser o caso, calquera outro que se considere procedente.

2. De acordo co sinalado no artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, publicouse no BOP número 29, do día 10 de febreiro de 2012, o texto dos documentos que o integran e plano de planta proposto.

3. En cumprimento do disposto polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o acto de aprobación definitiva do citado estudo de detalle foi comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o día 16 de febreiro de 2012.

A Laracha, 20 de febreiro de 2012.

José Manuel López Varela
Alcalde