Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 16 de abril de 2012 Páx. 13561

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Sadurniño

ANUNCIO de información pública sobre inicio de actividade de taller de reparación de maquinaria agrícola en Corveira, na parroquia de Bardaos.

Muíño Suministros, S.L. solicitou neste concello licenza de inicio de actividade de taller de reparación de maquinaria agrícola que se desenvolverá no interior dunha nave existente dedicada a almacén e venda de maquinaria agrícola, nun espazo que vai ser acondicionado para tal efecto, da superficie construída de 235,41 m², sita no lugar coñecido como Corveira, na parroquia de Bardaos. En cumprimento do disposto no artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte (20) días hábiles, co fin de que durante este (que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da provincia, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do Concello de San Sadurniño), poidan examinar o expediente nas oficinas deste concello, das 9.00 ás 14.00 horas, as persoas, sociedades ou entidades que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende iniciar e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

San Sadurniño, 6 de febreiro de 2012.

Secundino García Casal
Alcalde