Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 16 de abril de 2012 Páx. 13555

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arbo

ANUNCIO.

Solicitado por Manuel Álvarez Estévez, licenza para a actividade de ferraxaría e venda de produtos agrícolas e fitosanitarios no lugar de r/ Antonia Tovar 21-22, baixo, Arbo, en cumprimento do disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/208, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, e sométese a información pública por período de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG ou no BOP, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Arbo, 21 de marzo de 2012.

Xavier Simón Fernández
Alcalde