Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 17 de abril de 2012 Páx. 13868

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (225/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento demanda 225/2009, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«A Coruña, 12 de xaneiro de 2012.

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña e do seu partido, estes autos de xuízo n.º 225/2009, seguidos por instancia de Javier Fernández Echevarría e Beatriz Fernández Echevarría, representados pola letrada Sra. Baptista de Sousa Vieites, contra as empresas Sonridente Coruña, S.L. e Clínicas Dentaline, S.A., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Resolvo que estimando integramente a demanda formulada por Javier Fernández Echevarría e Beatriz Fernández Echevarría, representados pola letrada Sra. Baptista de Sousa Vieites, contra as empresas Sonridente Coruña, S.L. e Clínicas Dentaline, S.A., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno as demandadas a lle aboar á demandante a suma de 12.823, 96 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria respecto a tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores. Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que non é firme e contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, do que coñecerá, se é o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal e como establecen o artigo 188 e seguintes do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma ás empresas Clínicas Dentalines, S.A. e Sonridente Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 16 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado