Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 17 de abril de 2012 Páx. 13867

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (954/2009).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña.

Fago saber que no proceso seguido por instancia de Luis Fraga Martínez contra Bemar Obras y Proyectos, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número 954/2009, se acordou notificar a Bemar Obras y Proyectos, S.L., en ignorado paradoiro, a decisión da sentenza ditada nestes autos:

Decido.

Que estimando a demanda interposta por Luis Fraga Martínez, condénase a empresa Bemar Obras y Proyectos, S.L. a aboarlle ao demandante a cantidade de seis mil douscentos oitenta e seis euros e corenta e tres céntimos (6.286,43 euros).

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución.

De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de depositar a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto, e poderase substituír a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista debendo acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de 300 euros preceptivas para recorrer, sen cuxo cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

E para que sirva de citación a Bemar Obras y Proyectos, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 22 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial