Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 18 de abril de 2012 Páx. 14046

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 20 de marzo de 2012, do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente XC-02440-O-2011 e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a continuación se relacionan as resolucións que o xefe territorial ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Fáiselles saber que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, o interesado deberá aboar a multa imposta a través dun ingreso en calquera oficina do BBVA, de Caixa Galicia, de Caixanova ou de Banesto, empregando o modelo impreso que se facilitará neste Servizo de Mobilidade.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 20 de marzo de 2012.

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto
cualificador

Precepto
sancionador

Sanción imposta

XC-02440-O-2011

0207-BCF

Garda civil 1503 N415519R

Cargo Hernanz, S.L.

B81911455

Abedu Pg. Cañal Plaza 16

28500 Arganda del Rey,

Madrid

Minoración ata o 20% nos períodos de descanso diario obrigatorio (sobre 9 horas). Menos de 9 h a 8 h.

6.9.2011,10.15.00, AC-117, 17

Art. 142.3 LOTT, Art. 199.3 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT,
Art. 201.1.c) ROTT

301 €

XC-02615-O-2011

3711-BLH

Garda civil 1504 A-35144-Y

Agustín Sarasquete e Hijos, S.L.

B15020308

Praza dos Mariñeiros, 9

15960 Ribeira, A Coruña

Carecer do certificado de aptitude profesional CAP.

22.9.2011, 9.38.00, AG-11, 0040,000

Art 141.19 en relación co artigo 142.25 en relación co art. 141.19 LOTT, art. 198.19 ROTT

Art. 201.1.e) ROTT,
Art. 143.1.e) LOTT

201 €