Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 18 de abril de 2012 Páx. 14065

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica no concello de Palas de Rei (expediente IN407A 2011/133-2, 7969 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: José Gómez Pérez.

Domicilio social: Mosteiro de Palas de Rei s/n, 27217 Palas de Rei.

Denominación: L.M.T.A. 20 kV e C.T. de 160 K.V.A.

Situación: concello de Palas de Rei.

Características técnicas:

– L.M.T.A. a 20 kV con orixe no apoio n.º 11 da liña PAL 803 Guntín 3, e final no C.T.I. proxectado, cunha lonxitude de 1.070 metros, en condutor LA-56 tensado sobre apoios de formigón.

– C.T. intemperie, cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación de 20.000V/400-230V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 7 de marzo de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo