Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 18 de abril de 2012 Páx. 14067

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica nos concellos de Coristanco, Zas e Vimianzo (expediente IN407A 341/2011).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: Pza. de Constitución, 17, 15270 Cee (A Coruña).

Denominación: recuamento en L.M.T. A Revolta (autovía Carballo-Berdoias).

Situación: concellos de Coristanco, Zas e Vimianzo.

Características técnicas:

Recuamento das seguintes liñas de media tensión afectadas pola construción da autovía Carballo-Berdoias, nos concellos de Coristanco, Zas e Vimianzo, coas seguintes afeccións:

Afección 1 a liña de M.T. aérea a 20 kV derivada ao C.T. Oca, entre os apoios n.º 3 e 5 (p.q. 1+522 do tramo Carballo-Baio):

Liña de M.T. aérea a 20 kV derivada ao C.T. Oca entre os apoios n.º 3 e 4, coa orixe en apoio n.º 3 existente da L.M.T.A. derivada ao C.T. Oca, e final en apoio n.º 4 en final de liña do tipo C.H.-11/2500, cunha lonxitude de 0,07 km, en condutor LA-56/54,6 mm² Al, (retensado van existente en obra).

Liña de M.T., subterránea a 20 kV derivada ao C.T. Oca entre os apoios n.º 4 e 4 bis, con orixe en paso aerosubterráneo en apoio n.º 4 proxectado, e final en paso aerosubterráneo en apoio proxectado n.º 4 bis proxectado, cunha lonxitude de 0,190 km, en condutor R.H.Z.1 2OL-12/20 kV-3(1×240) Al.

Liña de M.T. aérea a 20 kV derivada ao C.T. Oca entre os apoios n.º 4 bis e 5 , coa orixe en apoio n.º 4 bis proxectado en final de liña do tipo CH-11/2500, e final en apoio n.º 5 existente de L.M.T.A. derivada a C.T. Oca, cunha lonxitude de 0,069 km, en condutor LA-56/54,6 mm² Al (retensado van existente en obra).

Afección 2 á L.M.T. aérea CBL-809 a 20 kV, entre os apoios n.º 35 e 37 antes do C.T. Picaraña (p.q. 2+137 do tramo Carballo-Baio):

Liña de M.T. aérea CBL-809 entre os apoios n.º 35 e 37, coa orixe en apoio n.º 35 existente, e final en apoio n.º 37 existente, cunha lonxitude de 0,425 km, en condutor LA-100/116,2 mm² Al (145 m de novo condutor) e LA-145/147,1 mm² Al (280 m retensado existente en obra), coa instalación de novos apoios proxectados n.º 36 e 36 bis do tipo C-20/3000.

Afección 3 a liña de M.T. aérea CBL-809 a 20kV, entre os apoios 57 e 54, entre o C.T. Chousas Grandes e C.T. Rececinde (p.q. 4+890 do tramo Carballo-Baio):

Liña de M.T. aérea CBL-809 entre os apoios n.º 57 e 54, con orixe en apoio n.º 57 existente, e final en apoio n.º 54 existente, cunha lonxitude de 0,383 km, en condutor LA-100/116,2 mm² Al (256 m de novo condutor) e LA-145/147,1 mm² Al (127 m de retensado existente en obra), coa instalación de novos apoios proxectados n.º 56 e 55 do tipo C-18/3000 e C-16/2000, respectivamente.

Afección 4 a liña de M.T. aérea VIM-803 «Laxe-Neaño» a 20 kV, entre apoios 76 e 79, despois do C.T. Baio-3 (p.q. 25+150 do tramo Carballo-Baio):

Liña de M.T. aérea VIM-803 a 20 kV entre os apoios n.º 76 e 78, con orixe en apoio n.º 76 existente, e final en apoio n.º 78 existente proxectado en final de liña tipo C-16/7000, cunha lonxitude de 0,343 km, en condutor LA-100/116,2 mm² Al, coa instalación dun novo apoio n.º 77 do tipo C.H.-13/2000.

Liña de M.T. subterránea VIM-803 a 20 kV entre apoios 78 e 78 bis, con orixe en paso aerosubterráneo en apoio n.º 78 proxectado, e final en paso aerosubterráneo en apoio proxectado n.º 78 bis proxectado, cunha lonxitude de 0,106 km, en condutor R.H.Z.1 2OL-12/20 kV-3(1×240) Al.

Liña de M.T. aérea VIM-803 a 20 kV entre apoios 78 bis e 79, coa orixe en apoio n.º 78 bis proxectado en final de liña do tipo C-14/4500, e final en apoio n.º 79 existente, cunha lonxitude de 0,081 km, en condutor LA-100/116,2 mm² Al (retensado van existente en obra).

Afección 5 a liña de M.T. aérea VIM-803 «Laxe-Neaño» a 20 kV derivada a C.T. Mosquetín, entre os apoios n.º 20 e 23, situados antes do C.T. Mosquetín e despoios da derivada a C.T. Fábrica de Pedra (p.q. 1+127 do tramo Carballo-Baio):

Liña de M.T. aérea a 20 kV derivada a C.T. Mosquetín, coa orixe en apoio n.º 20 existente, e final en apoio n.º 23 existente, cunha lonxitude de 0,317 km, en condutor LA-30 (223 m retensado existente en obra) e LA-56/54,6 mm² Al (94 m novo), coa instalación de novos apoios proxectados n.º 21 e 22 do tipo C.H.-15/2500 e C.H.-20/2500, respectivamente.

Afección 6 a liña de M.T. aérea VIM-804 «P. Porto-Camariñas» a 20 kV, entre apoios 1 e 4, entre o C.T. Caracas Bloquera e o C.T. Pasarela I (p.q. 7+200 do tramo Carballo-Baio):

Liña de M.T. aérea VIM-804 a 20 kV entre os apoios n.º 1 e 2, con orixe en apoio n.º 1 existente, e final en apoio n.º 2 proxectado en final de liña do tipo C-16/4500, cunha lonxitude de 0,184 km, en condutor LA-100/116,2 mm² Al (retensado van existente en obra).

Liña de M.T. subterránea VIM-804 a 20 kV entre apoios 2 e 3, coa orixe en paso aerosubterráneo en apoio n.º 2 proxectado, e final en paso aerosubterráneo en apoio proxectado n.º 3 proxectado, cunha lonxitude de 0,199 km, en condutor R.H.Z.1 2OL-12/20 kV-3(1×240) Al.

Liña de M.T. aérea VIM-804 a 20 kV entre os apoios n.º 3 e 4, coa orixe en apoio n.º 3 proxectado en final de liña do tipo C-14/4500, e final en apoio n.º 4 existente, cunha lonxitude de 0,096 km, en condutor LA-100/116,2 mm² Al (retensado van existente en obra).

Afección 7 a liña de M.T. aérea VIM-802 «Cog. Dermont-Olveira» a 20 kV na derivada ao C.T. Boallo, entre apoios 1 e 5, entre o C.T. Berdoias e o C.T. Boallo (p.q. 16+630 do tramo Carballo-Baio):

Liña de M.T. aérea a 20 kV derivada ao C.T. Boallo entre os apoios n.º 1 e 3, con orixe en apoio n.º 1 existente, e final en apoio n.º 3 proxectado en final de liña do tipo H.V.H.-13/3500, cunha lonxitude de 0,252 km, en condutor LA-56/54,6 mm² Al, coa instalación dun novo apoio proxectado n.º 2 do tipo H.V.-15/1000.

Liña de M.T. subterránea a 20 kV derivada ao C.T. Boallo entre os apoios 3 e 4, con orixe en paso aerosubterráneo en apoio n.º 3 proxectado, e final en paso aerosubterráneo en apoio proxectado n.º 4 proxectado, cunha lonxitude de 0,107 km, en condutor R.H.Z.1 2OL-12/20 kV-3(1×150) Al.

Liña de M.T. aérea a 20 kV derivada ao C.T. Boallo entre os apoios n.º 4 e 5, con orixe en apoio n.º 4 proxectado en final de liña do tipo C.H.-13/2500, e final en apoio n.º 5 existente, cunha lonxitude de 0,164 km, en condutor LA-30 mm² Al (retensado van existente en obra).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situado no edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2.º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 21 de marzo de 2012.

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña