Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 18 de abril de 2012 Páx. 14089

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 20 de marzo de 2012 pola que se notifica a resolución do expediente sancionador por infracción urbanística 107 C 2011/62-0, devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a práctica da súa notificación.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o día 23 de febreiro de 2012, resolución do expediente sancionador 107 C 2011/62-0, pola que se acorda impoñer unha sanción consistente en multa a Ramón Jiménez Montoya pola realización das obras consistentes na construción dun muro de formigón e dunha estrutura de piares e cimbras, na rúa Carballo, parroquia de Vilar, termo municipal de Ferrol, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Mario M. Sánchez Trigo, na súa condición de representante do interesado, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao representante a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao representante que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, ou ante o xulgado da circunscrición onde o recorrente teña o seu domicilio, conforme o disposto no artigo 14, regra segunda, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e lle sirva de notificación ao citado representante en cumprimento do disposto no artigo 59.5.º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2012.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística