Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 18 de abril de 2012 Páx. 14099

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de información pública relativo a unhas oficinas e almacén de tubaxes.

En cumprimento do disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública o expediente núm. 2011/047/9 que se tramita por instancia de Antonio Gómez Vázquez, en representación de Prefabricación y Montajes del Noroeste, S.A., para a concesión de licenza de apertura e funcionamento de oficinas e almacén de tubaxe que se instalará na parcela A-1, nave 1, do polígono industrial de Bergondo, deste termo municipal.

Durante o prazo de vinte días contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia, o expediente atópase á disposición do público no Servizo de Urbanismo deste concello a fin de que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, se for o caso, as alegacións ou observacións que teña por convenientes.

Bergondo, 5 de xullo de 2011.

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa