Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 18 de abril de 2012 Páx. 14104

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO para a contratación mediante procedemento aberto do servizo de rutas guiadas á enseada de San Simón dentro do proxecto Marisma Máis promovido polo Concello de Redondela e cofinanciado con fondos Feder.

Aprobado mediante Resolución da Alcaldía do 9 de abril de 2012 o prego de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas que rexerán na licitación, mediante procedemento aberto, para contratar o servizo de rutas guiadas á enseada de San Simón, dentro do proxecto Marisma Máis promovido polo Concello de Redondela e aprobado no marco da convocatoria para o período 2011-2013 do eixe 5 de desenvolvemento local e urbano e cofinanciado polo programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea, faise público, para efectos de presentación de proposicións e ofertas polos licitadores interesados, o seguinte anuncio:

1. Entidade que adxudica. Organismo: Concello de Redondela. Dependencia: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato: prestación do servizo de transporte marítimo con rutas guiadas, mediante persoal especializado, á enseada de San Simón.

Lugar de execución: Redondela (Pontevedra).

Prazo de execución: dous (2) anos. O servizo realizarase nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro durante o ano 2012 e 2013.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Garantía provisional: non se exixe.

5. Garantía definitiva: 5% do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Obtención da documentación e información: Oficina de Contratación do Concello de Redondela, planta baixa da Casa do Concello. Alfonso XII, 2 de Redondela, teléfono 986 40 03 00. Fax: 986 40 38 94.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista. Clasificación: non.

Deberase acreditar a solvencia económica, financeira e técnica na forma prevista na cláusula 10.ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Orzamento base de licitación: 117.292,42 euros, IVE excluído.

9. Presentación de ofertas. Prazo: 15 días naturais desde o seguinte á ultima publicación do anuncio no BOP, no DOG ou no perfil do contratante. Se o último día do prazo coincide en sábado ou día inhábil, o prazo entenderase prorrogado ata o seguinte día hábil.

Documentación: a exixida na cláusula 14.ª do prego de cláusulas administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Redondela, ata as 14.00 horas do último día de prazo.

Prazo da obriga de manter a oferta: tres meses contados desde o día da apertura de proposicións.

10. Apertura de ofertas. Data e hora: 14.00 horas do terceiro día hábil seguinte á data na que conclúe o prazo de presentación (agás sábados).

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario ata un máximo de 2.000 euros.

12. Páxina web para obtención de información: www.redondela.es

Redondela, 10 de abril de 2012.

Javier Bas Corugeira
Alcalde