Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 19 de abril de 2012 Páx. 14358

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 7 de marzo de 2012 polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Muport, S.L. de concesión administrativa de ocupación de terreos de dominio público portuario do porto de Muros para a explotación de instalacións náutico-recreativas (expediente 12-38-11-C-1).

O 1 de marzo de 2012 o presidente de Portos de Galicia adxudicou á empresa Muport, S.L. o procedemento aberto (sistema multicriterio) para a selección dunha oferta para a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario do porto de Muros para a explotación de instalacións náutico-recreativas; segundo documentación técnica consistente no proxecto básico de explotación de instalacións náutico-recreativas en Muros, asinado polo enxeñeiro de camiños, canles e portos Fernando López Mera en setembro de 2011, o anteproxecto de edificio para a concesión da explotación do porto deportivo de Muros, asinado polo arquitecto Ricardo Sáez Díaz en setembro de 2011, e a documentación relativa ás referencias técnicas da explotación.

En cumprimento do disposto no artigo 85.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, faise público, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nos servizos centrais de Portos de Galicia, oficinas sitas na praza de Europa 5a-6.º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web portosdegalicia.com

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2012.

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia