Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 19 de abril de 2012 Páx. 14330

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Silleda (expediente IN407A 2012/34-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Hidroeléctrica de Silleda, S.L.

Domicilio social: avda. do Parque, 11, 36540 Silleda.

Denominación: ampliación de potencia C.T. Lourás e R.B.T.

Situación: Silleda.

Características técnicas: ampliación de potencia a 250 kVA, R.T. 20 kV/400 V, do centro de transformación situado en Lourás, Silleda. R.B.T. subterránea con condutor R.V. de 340 metros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, edificio administrativo, avda. Fernández Ladreda 43-5.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 24 de febreiro de 2012.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra