Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 19 de abril de 2012 Páx. 14333

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vilar de Barrio (expediente IN407A 2012/7-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica:

Solicitante: Corsan-Corvian Construcción, S.A.

Domicilio social: estación de ferrocarril, 32702 Vilar de Barrio.

Denominación: L.M.T. e C.T. obra na boca do túnel do AVE Lubián-Ourense (Maus).

Situación: Vilar de Barrio.

Características técnicas: L.M.T. aero-subterránea a 20 kV de 26 m en aéreo, condutor LA-56, e 326 m en subterráneo, con condutor R.H.Z.1, que ten a súa orixe no apoio n.º 67 da L.M.T. Allariz 807 e remata no C.T. proxectado Maus, 2×630 KVA e R/T 20.000/400-230 V. Orzamento: 12.176,75 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 13 de marzo de 2012.

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense