Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 19 de abril de 2012 Páx. 14331

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica L.M.T. O Castro de Beiro-Quintela no concello de Ourense (expediente IN407A 2012/6-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: L.M.T. O Castro de Beiro-Quintela.

Situación: Ourense.

Características técnicas:

L.M.T. aérea a 20 kV ao C.T. Eirasvedras (32CHQ5) tramo 75 m con condutor LA-110 que se vai retensar, desmontando o resto da L.M.T. segundo o proxecto.

L.M.T. aerosubterránea, con tramo de 127 m dobre circuíto en aéreo, con condutor LA-110 polo mesmo trazado da L.M.T. existente, que se vai desmontar, e tramo subterráneo de 340 m, con condutor R.H.Z.1 3×240 Al con entrada e saída no C.S. proxectado 5.L, con orixe no C.T. caseta existente de Quintela (32C724) e final no PAS proxectado (conexión con VLL-812) segundo o proxecto.

R.B.T. subterránea de 180 m con condutor XZ1, con orixe no C.T. Quintela (32C724) e remate no C.S. proxectado.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Curros Enríquez, 1-4.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 1 de marzo de 2012.

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense