Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 19 de abril de 2012 Páx. 14382

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rodeiro

EDICTO de información pública sobre a construción dunhas cortes de vacún.

José Figueroa Faílde solicitou desta Alcaldía licenza municipal para a construción dunhas cortes de vacún que se situarán en Bagarelas-Vilela, Rodeiro.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, en que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Rodeiro, 11 de abril de 2012.

Luís López Diéguez
Alcalde