Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 30 de abril de 2012 Páx. 15823

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 27 de febreiro de 2012, da Zona Centro de Portos de Galicia, polo que se somete a información pública a tramitación da revisión da concesión por cambio de localización da concesión administrativa para a instalación de surtidores de combustible, outorgada a Repsol Combustible Petrolíferos, S.A., no porto de Muros (expediente 12-38-80-C-1).

Estase a tramitar unha revisión da concesión por cambio de localización da concesión administrativa para a instalación de surtidores de combustible, outorgada a Repsol Combustible Petrolíferos, S.A., no porto de Muros, segundo o proxecto de construción de título «Instalacións de almacenamento e subministración de carburantes a todo tipo de embarcacións no porto de Muros», asinado polo enxeñeiro de camiños, canais e portos Rafael Suárez Rey.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE n.º 253, do xoves 20.10.2011), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro de Portos de Galicia, situadas na rúa Alférez Provisional, 5, 1.º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com.

A Coruña, 27 de febreiro de 2012.

Lorena Solana Barjacoba
Enxeñeira xefa da Zona Centro de Portos de Galicia