Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 30 de abril de 2012 Páx. 15826

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 13 de abril de 2012 pola que se notifica o acordo de inicio de procedemento administrativo sancionador coa clave 14-08-12-01.

De conformidade co disposto no artigo 59.4.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE n.º 285, do 27 de novembro) modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE n.º 12, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao denunciado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se mencionan, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, o acordo de inicio do procedemento administrativo sancionador por presunta infracción do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, que aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o expedientado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación no Diario Oficial de Galicia, para que poida examinar o expediente nos servizos centrais do ente público Portos de Galicia, sitos na praza de Europa, 5-A, 6.º, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, e formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que coide pertinentes ante o instrutor do procedemento, segundo o establecido no regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE n.º 189, do 9 de agosto).

De non efectuarse alegacións no prazo antes mencionado, o acordo de inicio, en aplicación do artigo 13.2.º do Real decreto 1398/1993, será considerado proposta de resolución.

O órgano competente para a resolución do expediente, de acordo coa tipificación e contía da sanción e en virtude do disposto no artigo 4.b) da Orde do 30 de marzo de 2012 da Consellería do Medio Rural e do Mar, é o presidente do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

O pagamento voluntario porá fin ao expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Gallego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BHS e Novagalicia Banco), empregando o modelo de impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia e presentándoo en calquera entidade bancaria.

E para que conste e sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2012.

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente

Denunciante

Denunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciado

Data-hora-porto

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Sanción proposta

Sanc. 14-08-12-01

Dirección Xeral da Policía e Garda Civil

Pablo Giz Bouza

R/ La Clara, 15330 La Clara, Ortigueira (A Coruña)

Actividade con perigo.

16.8.2011; 20.30 horas; O Vicedo (Lugo)

Art. 307.1.a)
R.D. lex. 2/2011 TRLPEMM

Art. 312
R.D. lex. 2/2011 TRLPEMM

1.200 €