Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 30 de abril de 2012 Páx. 15759

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador en materia de espectáculos públicos AC-EP 346/2011.

Intentada a notificación ao titular do establecemento que se indica a continuación sen que se puidese practicar, resolvo notificar por este medio, ao abeiro do artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que se ditou resolución no expediente sancionador que se relaciona no anexo, por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Advírtase que, de non ser interposto este en tempo e forma, terá que aboar a multa imposta nos períodos de pagamento voluntario sinalados no boletín de multas e sancións que serán facilitados no Servizo de Administración Local e Interior desta xefatura territorial, sito no edificio administrativo de Monelos, praza Luís Seoane, s/n, A Coruña.

As débedas non satisfeitas nos períodos citados no punto anterior exixiranse en vía de constrinximento.

A Coruña, 3 de abril de 2012.

P.S. (Resolución do conselleiro do 29.7.2009)
Margarita Olmo Bosco
Xefa do Servizo de Administración Local e Interior

ANEXO

N.º

expediente

Denunciado

Enderezo

Establecemento

Precepto

infrinxido

Precepto

sancionador

Resolución

AC-EP 346/2011

Golden Budha, S.L

R/ Nicaragua, n.º 8, baixo, A Coruña

Budha Tea

23.o) da L.O. 1/1992

28 da L.O. 1/1992

305,00 €