Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 30 de abril de 2012 Páx. 15766

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2012, da Dirección Xeral de Administración Local, de traslado do expediente solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 da Coruña e emprazamento aos interesados no procedemento abreviado 0000044/2012.

Recibido neste centro directivo escrito do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 da Coruña, en que se solicita a remisión do expediente administrativo que motivou a apertura do procedemento abreviado 0000044/2012, de Óscar Bouzas Martínez contra a Dirección Xeral de Administración Local e segundo o disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, achégase copia autenticada del, debidamente foliado e co índice correspondente.

En consecuencia, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, esta dirección xeral, en uso das competencias que lle atribúe o artigo 15.1.º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de función pública de Galicia, en relación coa Orde do 22 de setembro de 2011, sobre delegación de competencias,

RESOLVE:

Acordar nesta data a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 da Coruña, no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2012.

José Norberto Uzal Tresandí
Director xeral de Administración local