Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 30 de abril de 2012 Páx. 15734

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 16 de abril de 2012 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes nesta consellería.

Convocada pola Orde do 6 de febreiro de 2012 (DOG n.º 36, do 21 de febreiro) a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Economía e Industria, esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 17.4.º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e de conformidade co disposto no seu artigo 29.2.º,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Economía e Industria, anunciados pola Orde do 6 de febreiro de 2012 (DOG n.º 36, do 21 de febreiro).

Segundo. Adxudicarlles destino, nos postos de traballo que se indican, ás funcionarias que se relacionan no anexo a esta orde.

Terceiro. O cesamento no actual destino das funcionarias que obtiveron praza producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión da praza adxudicada deberá realizarse no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento, se se trata da mesma localidade en que presta os seus servizos a funcionaria, ou no prazo dun mes, se se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e o disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se lle concedesen á persoa; no caso de incapacidade temporal, a partir da data de alta.

Cuarto. O centro donde cause alta a funcionaria realizará a dilixencia de toma de posesión dentro dos prazos reflectidos no punto anterior.

Quinto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, perante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2012.

Javier Guerra Fernández
Conselleiro de Economía e Industria

ANEXO

Apelidos e nome: Pereira Fortes, M.ª del Pilar.

NRP: 3495530135 A2059.

Subgrupo: C2.

Denominación do posto: secretario/a do/a conselleiro/a.

Código do posto: IN.C01.00.000.15770.001.

Nivel: 20.

Dependencia: Gabinete do Conselleiro.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Castiñeiras Amigo, M.ª Encina.

NRP: 4445576435A2059.

Subgrupo: C2.

Denominación do posto: secretario/a do/a director/a xeral.

Código do posto: IN.C02.00.000.15770.001.

Nivel: 18.

Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

Localidade: Santiago de Compostela.