Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se describen:
Solicitante: Central Eléctrica Sestelo & Cía, S.A.
Domicilio social: Doctor Fernández Vega, 14, 36000 Ponteareas.
Denominación: L.M.T.S., C.T. e R.B.T. Santa Mariña.
Situación: Covelo.
Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con condutor Hersatene D.H.Z. de 389 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado 4ES01087 na liña principal n.º 4 Ceo-Covelo-A Ermida e final no apoio proxectado 4ES01089 nesta unha vez entre e saia do C.T. proxectado. Centro de transformación de 160 kVA, R.T. 20 kV/400-230 V, situado en Santa Mariña, Covelo. Entubado de 417 metros de condutor R.Z. de baixa tensión.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independientemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 12 meses a partir da recepción da presente resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ao seu dereito.
Pontevedra, 27 de marzo de 2012.
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra