Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 30 de abril de 2012 Páx. 15727

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2012 pola que se convoca a Xornada sobre a Hora da Xurisdición Voluntaria.

Dentro do plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para o ano 2012 e de acordo coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócase a Xornada sobre a Hora da Xurisdición Voluntaria, dirixida polo profesor Dr. Antonio Fernández de Buján e Fernández, catedrático de Dereito Romano da Universidade Autónoma de Madrid, conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos:

Redefinir a xurisdición voluntaria.

Desxudicializar os procedementos que non teñan contido xurisdicional.

Establecer un procedemento xudicial xeral garantista.

Determinar os procedementos xudiciais con reserva xurisdicional.

Redistribuír competencias no seo do órgano xurisdicional.

Determinar os procedementos que se desxudicialicen e que se atribúan a notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

Desregular os procedementos obsoletos.

Determinar o papel dos secretarios xudiciais na xurisdición voluntaria.

Fixar o papel dos avogados e procuradores na xurisdición voluntaria.

2. Contidos:

Serán tratados, entre outros, os seguintes temas:

– O novo perfil da xurisdición voluntaria.

– Xurisdición voluntaria e reserva xudicial.

– O procedemento de mediación: a mediación familiar.

– Competencias notariais e xurisdición voluntaria.

– Competencias rexistrais e xurisdición voluntaria.

– A función dos secretarios xudiciais na xurisdición voluntaria.

– Procura e xurisdición voluntaria.

3. Destinatarios:

Empregados públicos das administracións públicas de Galicia, xuíces e maxistrados, fiscais, secretarios xudiciais, notarios, rexistradores da propiedade e mercantís, avogados, procuradores, profesores universitarios e alumnos das universidades do sistema universitario de Galicia e interesados en xeral.

4. Desenvolvemento:

Esta xornada desenvolverase na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) o día 14 de maio de 2012.

Duración: 7 horas lectivas, en horario de mañá e tarde.

5. Número de prazas:

Limitado pola capacidade do local.

6. Solicitudes:

As solicitudes irán dirixidas ao director da Escola Galega de Administración Pública (polígono das Fontiñas, rúa Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela), segundo o modelo que figura como anexo a esta convocatoria, e serán presentadas no Rexistro Xeral da EGAP, ou ben de calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Serán admitidas inscricións por medio de fax enviado ao número 981 54 63 30 ou por correo electrónico dirixido ao enderezo novas.egap@xunta.es

As persoas solicitantes poderán obter a confirmación da súa admisión se chaman por teléfono, das 8.30 ás 14.30 horas, aos seguintes números: 981 54 62 41-881 99 70 14.

7. Prazo:

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o xoves 11 de maio de 2012.

8. Modificacións:

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolver as incidencias que poidan xurdir no desenvolvemento desta xornada, así como a facultade de cancelala se o escaso número de solicitudes non xustifica a súa realización.

9. Certificado de asistencia:

Entregarase un certificado de asistencia, ao final da xornada, a aquelas persoas inscritas que participasen asiduamente, e sempre que a súa asistencia sexa igual ou superior ao 85% das horas lectivas programadas. Neste documento aparecerán de forma expresa o contido, a data e o lugar de realización desta xornada.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2012.

Pablo Figueroa Dorrego
Director da Escola Galega de Administración Pública

Folla de inscrición

1. SOLICITANTE

Apelidos Nome DNI

2. DATOS PROFESIONAIS

Posto de traballo/profesión Corpo, subgrupo ou escala (1) Nivel (2)

Entidade na que presta servizos: (3)

Enderezo do posto de traballo: Rúa N.º Localidade Provincia CP Tfno.

Correo electrónico:

3. ACTIVIDADE SOLICITADA

Solicita asistir á Xornada sobre a Hora da Xurisdición Voluntaria que se desenvolverá na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) o día 14 de maio de 2012.

Sinatura,

.................................................., ......... de....................................... de 2012.

Os datos de carácter persoal contidos no impreso poderán ser incluídos nun ficheiro para o seu tratamento por este órgano administrativo, como titular responsable deste, no uso das funcións propias que teñen atribuídas e no ámbito das súas competencias. Así mesmo, infórmase da posibilidade de exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, todo isto de conformidade co disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal (BOE núm. 298, do 14 de decembro de 1999).

(1, 2 e 3): cubrir só en caso de ser funcionario ou funcionaria.

DIRECTOR da EGAP. Polígono das Fontiñas, rúa Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)