Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 4 de maio de 2012 Páx. 16330

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2012 pola que se convocan para o exercicio 2012, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas do Igape á reorientación e competitividade das pemes galegas, en parte cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, conforme as bases reguladoras publicadas mediante Resolución do 15 de abril de 2010 (DOG núm. 80, do 29 de abril) e modificadas mediante Resolución do 13 de febreiro de 2012 (DOG núm. 39, do 24 de febreiro).

O Consello de Dirección do Igape, na súa xuntanza do día 1 de marzo de 2010, acordou, por unanimidade dos membros asistentes, aprobar as bases reguladoras das axudas do Igape á reorientación e competitividade das pemes galegas, e na xuntanza do día 13 de outubro de 2011 acordou a súa modificación, facultando ao director xeral a súa convocatoria, aprobación dos créditos e publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). As ditas bases publicáronse mediante Resolución do 15 de abril de 2010 no DOG núm. 80, do 29 de abril. Posteriormente publicouse unha modificación das devanditas bases reguladoras mediante Resolución do 13 de febreiro de 2012 no DOG núm. 39, do 24 de febreiro.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro.

Convocar para 2012, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas do Igape á reorientación e competitividade das pemes galegas, para os proxectos previstos nos apartados 1.1.3 e 1.1.4 das bases reguladoras aprobadas polo Consello de Dirección do Igape o 1 de marzo de 2010, publicadas mediante Resolución do 15 de abril de 2010 no DOG núm. 80, do 29 de abril, e a súa modificación, acordada polo dito Consello de Dirección o 13 de outubro de 2011 e publicada mediante Resolución do 13 de febreiro de 2012 no DOG núm. 39, do 24 de febreiro.

Estas axudas estarán cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, ao 80%, eixe 1, tema prioritario 07, actuación 3 ou ao 70%, eixe 2, tema prioritario 09, actuación 5, no caso dos proxectos do artigo 1.1.3 das bases reguladoras e ao 70%, eixe 2, tema prioritario 09, actuación 5, no caso dos proxectos do artigo 1.1.4 das bases reguladoras.

Para os efectos da nova convocatoria, substitúese o anexo I, formulario de presentación da solicitude, segundo o modelo anexo.

Segundo. Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o día inicial ou final do prazo coincidise en sábado ou día inhábil en Santiago de Compostela, posporase ao día hábil seguinte.

Terceiro. Créditos.

Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias e polos seguintes importes:

Partida orzamentaria

Procedemento

Orzamento 2012

08.A1.741A.7705

IG103-Proxectos de investimento tecnolóxico das pemes entre 100.000 € e 500.000 € de investimento subvencionable

3.588.953,00 €

08.A1.741A.7706

IG174-Proxectos de mellora dos equipamentos das pemes do sector servizos cun investimento subvencionable superior a 30.000 € e ata 200.000 €

1.500.000,00 €

O director xeral do Igape poderá ampliar os créditos e modificar as partidas orzamentarias, logo de declaración de dispoñibilidade dos créditos nos termos referidos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, mediante resolución publicada para o efecto.

Cuarto.

O prazo de execución dos proxectos non poderá superar o 30 de setembro de 2012. Os beneficiarios deberán presentar a solicitude de cobramento no prazo improrrogable dun mes desde o día seguinte á devandita data (no caso de que coincida en sábado ou día inhábil en Santiago de Compostela, posporase ao día hábil seguinte).

Para os efectos desta convocatoria, substitúese o anexo II (formulario de solicitude de cobramento) polo que se acompaña á presente resolución. A declaración responsable contida no devandito formulario substituirá á exixencia de certificación bancaria recollida no artigo 18.6.3.c) das bases reguladoras, en cumprimento do disposto no artigo 5 da Orde do 12 de xaneiro de 2012 pola que se regula a habilitación de procedementos administrativos e servizos na Administración xeral e no sector público autonómico de Galicia (DOG núm. 10, do 16 de xaneiro).

Quinto.

Os requisitos das letras c), e), f), h), i), k), l) e n) do artigo 20.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia indícanse nas bases reguladoras destas axudas aprobadas polo Consello de Dirección do Igape o 1 de marzo de 2010 e publicadas mediante Resolución do 15 de abril de 2010 no Diario Oficial de Galicia núm. 80, do 29 de abril e a súa modificación, acordada polo dito Consello de Dirección o 13 de outubro de 2011 e publicada mediante Resolución do 13 de febreiro de 2012 no DOG núm. 39, do 24 de febreiro.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2012.

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

missing image file
missing image file