Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx. 18505

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 4 de maio de 2012 pola que se resolve a convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación de adultos durante o ano 2012.

Por Orde do 16 de decembro de 2011 (DOG do 26 de decembro) foron convocadas axudas para a realización de actividades de formación de adultos durante o ano 2012, organizadas por corporacións locais e institucións privadas sen ánimo de lucro e legalmente constituídas radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Vistas as propostas do Consello Asesor previsto no punto sexto da citada orde e as propostas de resolución do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, en uso das facultades que me outorga o artigo quinto da orde antes mencionada,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder, con cargo aos conceptos orzamentarios 1505.422H.460.0 e 1505.422H.481.0 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa as axudas que se relacionan no anexo I.

Segundo. Desestimar as alegacións presentadas polos concellos de Vimianzo, Meis, O Saviñao, Laxe (actividades I e II) e Santa Comba (actividades 1 e 2) polos motivos que se expoñen no anexo II.

Aceptar a renuncia do Concello de Moeche e da entidade sen ánimo de lucro Asociación Cultural A Barca de Loimil, á subvención de 3.500,00 € proposta para cada un deles.

Terceiro. Denegar ou excluír, polas causas que se indican, as solicitudes que se relacionan no anexo II.

Cuarto. De conformidade co punto décimo da Orde de 16 de decembro de 2011, as axudas irán destinadas a sufragar, exclusivamente, os gastos do persoal docente.

As axudas serán pagadas unha vez finalizada a actividade e no momento da súa completa xustificación; tendo en conta que deberá xustificarse a contía íntegra orzada como gastos docentes aínda que sexa superior á contía solicitada e/ou concedida.

Quinto. Na difusión das actividades subvencionadas mediante esta orde, nas convocatorias públicas, publicidade e propaganda destas, así como nos lugares en que se realicen as referidas accións, deberá figurar que están financiadas ou cofinanciadas pola Xunta de Galicia, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e aparecerá o seu anagrama. Ademais, quedará constancia explícita dese cofinanciamento nos documentos, folletos, certificados e publicacións que se elaboren con motivo da realización da actividade formativa.

Sexto. Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer un recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, un recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante el Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2012.

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Corporacións locais. Concepto orzamentario 15.05.422H.460.0

Provincia da Coruña.

Concello

Axuda (€)

Observacións

Camariñas

6.000,00 €

Actividade 1

Camariñas

6.000,00 €

Actividade 2

Arzúa

6.000,00 €

Actividade 2

Arzúa

6.000,00 €

Actividade 1

Muxía

6.000,00 €

Actividade 1

Teo

6.000,00 €

Muxía

6.000,00 €

Actividade 2

Bergondo

4.500,00 €

Actividade 1

Oroso

4.500,00 €

Porto do Son

4.500,00 €

Carnota

4.500,00 €

Bergondo

4.500,00 €

Actividade 2

Padrón

4.500,00 €

Lousame

4.500,00 €

Actividade 2

Miño

4.500,00 €

Lousame

3.500,00 €

Actividade 1

Arteixo

3.500,00 €

Cerceda

3.500,00 €

Ames

3.500,00 €

Boqueixón

3.500,00 €

Trazo

3.500,00 €

Rois

3.500,00 €

Mazaricos

3.500,00 €

Total A Coruña

106.000,00 €

Provincia de Lugo.

Concello

Axuda (€)

Observacións

O Vicedo

3.500,00 €

Paradela

3.500,00 €

Total Lugo

7.000,00 €

Provincia de Ourense.

Concello

Axuda (€)

Observacións

Xinzo de Limia

6.000,00 €

O Carballiño

4.500,00 €

Actividade 1

Piñor

4.500,00 €

Maside

3.500,00 €

Verín

3.500,00 €

O Pereiro de Aguiar

3.500,00 €

Total Ourense

25.500,00 €

Provincia de Pontevedra.

Concello

Axuda (€)

Observacións

Valga

6.000,00 €

Actividade 2

Cambados

3.773,52 €

O. A. Terra de Sanxenxo

6.000,00 €

Actividade 1

O. A. Terra de Sanxenxo

6.000,00 €

Actividade 2

A Illa de Arousa

6.000,00 €

Pontecesures

6.000,00 €

Cuntis

6.000,00 €

Actividade 2

Valga

6.000,00 €

Actividade 1

Cuntis

4.500,00 €

Actividade 1

Tomiño

4.058,88 €

Vila de Cruces

3.500,00 €

Total Pontevedra

57.832,40 €

Total concellos: 196.332,40 €.

Entidades sen ánimo de lucro. Concepto orzamentario 15.05.422H.481.0

Entidade

Axuda (€)

Observacións

R. R. de M.ª Inmaculada

4.500,00 €

Actividade 1

Cogami

4.500,00 €

Actividade de Ferrol

Fundación Érguete-Integración

4.500,00 €

R. R. de M.ª Inmaculada

4.500,00 €

Actividade 2

Aso. Cultural Os Tres Reinos

4.500,00 €

Aexpa

4.500,00 €

Cogami

4.500,00 €

Actividade de Mos

Total asociacións

31.500,00 €

ANEXO II

Entidades locais con resolución denegatoria por incumprimento
das bases da convocatoria

Concello

Observacións

A Laracha

Art. 4.2 da orde. Non designaron docentes.

Negreira

Art. 4. Decreto 193/2011. Non renderon as contas antes do 27 de xaneiro.

Carral

Art. 1. A actividade non vai durar 6 meses. Art. 4.2 Non designaron docentes.

Laxe. Actividade 1

Art. 4. Decreto 193/2011. Non renderon as contas antes do 27 de xaneiro.

Laxe. Actividade 2

Art. 4. Decreto 193/2011. Non renderon as contas antes do 27 de xaneiro.

Santa Comba. Actividade 1

Art. 4. Decreto 193/2011. Non renderon as contas antes do 27 de xaneiro.

Santa Comba. Actividade 2

Art. 4. Decreto 193/2011. Non renderon as contas antes do 27 de xaneiro.

Guitiriz

Art. 4. Decreto 193/2011. Non renderon as contas antes do 27 de xaneiro.

O Saviñao

Art. 1. A Actividade non vai durar 6 meses.

Porqueira

Art. 1. A Actividade non vai durar 240 horas (serán 140).

Coles

Renunciou.

O Carballiño. Actividade 2

Renunciou.

O Porriño

Art. 4.2 da orde. Non designaron docentes.

A Guarda

Art. 4.2 da orde. A 26.1.2012 non seleccionara docentes.

Ponteareas

Preámbulo e art. 2 da orde. Hai alumnos (17) que non son inmigrantes.

Cangas

Art. 4. Decreto 193/2011. Non renderon as contas antes do 27 de xaneiro.

Art. 4.2 da orde, non teñen docente nin alumnado.

Mos

Art. 4.2 da orde. Non teñen seleccionado nin alumnado nin docente.

Oia

Art. 4. Decreto 193/2011. Non renderon as contas antes do 27 de xaneiro.

Cotobade

Solicitude presentada fóra de prazo (25.2.2012).

Moeche

Presentou a renuncia á subvención concedida o 11.4.2012.

Entidades locais ás cales non se pode conceder a subvención por non acadar a puntuación mínima (base 7.ª da convocatoria)

Entidade local

Puntuación

Rianxo

35

Boiro. Actividade 1

27,5

Boiro. Actividade 2

27

Vimianzo

29

Vilasantar

13

Palas de Rei

24

Oímbra

40

Celanova

36

Meis

34

Vilagarcía de Arousa

25

Entidades sen ánimo de lucro con resolución denegatoria
por incumprimento das bases da convocatoria

Entidades sen ánimo de lucro

Motivo da proposta denegatoria

Asociación Rexurdir. Actividade 1

Art. 1 da orde, a actividade non dura 6 meses.

Asociación Rexurdir. Actividade 2

Renunciou.

Ecodesarrollo Gaia

Renunciou.

Fundación Amigos de Galicia

Un dos alumnos non é inmigrante. 14 non cumpren a condición de carecer de titulación básica. Artigos 1 e 2 da orde.

Asociación Sociocultural Abraio

A súa solicitude entrou fóra de prazo. Non poden solicitar pola aplicación do artigo 4.2 in fine da orde de convocatoria.

Asociación Empresarial de Valdeorras

Boa parte do alumnado non é inmigrante. A maioría deles non carece de titulación básica. O proxecto, en principio, non duraba 6 meses. Nun escrito posterior anticipan a data de comezo pero declaran que a selección do alumnado a farán en marzo.

Asociación ALAR Galicia

Renunciou.

Asociación LIMISI

Non deron resposta a un requirimento e presentaron a renuncia.

Equus Zebra

Non poden solicitar pola aplicación do artigo 4.2 in fine da orde de convocatoria.

Asociación Cultural A Barca de Loimil

Presentaron a renuncia á subvención que lle fora concedida.

Asociación do Baixo Miño Vontade

En xuntanza do 30.3.2012 o Consello Asesor acordou propoñer a súa denegación por incumprimento do artigo 1 da orde: a actividade non dura 6 meses.

Entidades sen ánimo de lucro ás cales no se pode conceder unha subvención por non acadar a puntuación mínima (base 7.ª da convocatoria)

Entidade

Puntuación

Asociación vecinal A Ferveda de Carballo

23

Asociación de Formación e Cultural de Profesionais da Formación

23

Centro Sociocultural de Valadares

20

Motivos da desestimación das alegacións presentadas

Concello

Motivo da desestimación da alegación

Concello de Vimianzo

Respecto da primeira alegación, confírmase a puntuación outorgada polo Consello Asesor. As outras dúas alegacións non teñen carácter xurídico e, por tanto, non poden ser valoradas.

Concello de Meis

Confírmase a puntuación do Consello Asesor polo que se refire á primeira alegación e, ademais, o seu contido é contraditorio. A segunda e a terceira alegacións non teñen carácter xurídico e, en consecuencia, non se valoran.

Concello de O Saviñao

A alegación dun erro involuntario na data de finalización do curso non pode admitirse neste momento procedemental.

Concello de Laxe

(Actividades 1 e 2). A documentación presente no expediente e o certificado que remite a modo de alegación demostran que este concello no cumpriu a obriga de ter presentadas as contas rendidas ante o Consello de Contas con anterioridade ao 27.1.2012. Por outra parte, o seu escrito de alegacións foi presentado fóra de prazo.

Concello de Santa Comba

(Actividades 1 e 2). A alegación de que non puideron presentar as contas rendidas por motivos informáticos non se sostén. De ser certo, sería o concello quen debería actuar coa máxima dilixencia para resolver esas deficiencias.