Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx. 18693

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Toques

ANUNCIO de información pública relativo á construción dunha nave de porcino e fosa de xurro.

David Prieto Rodríguez, en representación de Saamil, S.C., solicitou a esta alcaldía licenza municipal para a construción de nave de porcino e fosa de xurro no lugar Saamil, da parroquia de Vilamor. En cumprimento do disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, a fin de que durante este prazo –que empeza a contarse desde o día seguinte ao da última inserción do presente edicto no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial da provincia– poidan examinar o expediente na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Toques, 3 de abril de 2012.

Jorge Francisco Calvo Pestonit
Alcalde