Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 11 de xuño de 2012 Páx. 22502

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, pola que se ordena a publicación do acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación co Real decreto lei 1/2012, do 27 de xaneiro, polo que se procede á suspensión dos procedementos de preasignación de retribución e á supresión dos incentivos económicos para novas instalacións de produción de enerxía eléctrica a partir de coxeración, fontes de enerxía renovables e residuos.

Consonte o establecido no artigo 33 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, modificado pola Lei orgánica 1/2000, do 7 de xaneiro, esta dirección xeral dispón a publicación do acordo que figura como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2012

Gonzalo José Ordóñez Puime
Director xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

ANEXO
Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación co Real decreto lei 1/2012, do 27 de xaneiro, polo que se procede á suspensión dos procedementos de preasignación de retribución e á supresión dos incentivos económicos para novas instalacións de produción de enerxía eléctrica a partir de coxeración, fontes de enerxía renovables e residuos

A Comisión Bilateral de Cooperación Administración xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia, na súa reunión do día 23 de abril de 2012, adoptou o seguinte acordo:

1º. Iniciar negociacións para resolver as discrepancias suscitadas en relación co Real decreto lei 1/2012, do 27 de xaneiro, polo que se procede á suspensión dos procedementos de preasignación de retribución e á supresión dos incentivos económicos para novas instalacións de produción de enerxía eléctrica a partir de coxeración, fontes de enerxía renovables e residuos.

2º. Designar un grupo de traballo para propoñerlle á Comisión Bilateral de Cooperación a solución que proceda.

3º. Comunicar este acordo ao Tribunal Constitucional, antes do vindeiro día 29 de abril de 2012, para os efectos previstos no artigo 33.2 da Lei orgánica do Tribunal Constitucional, así como inserir este acordo no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.

Madrid, 25 de abril de 2012.

Cristóbal Montoro Romero Alfonso Rueda Valenzuela
Ministro de Facenda Conselleiro de Presidencia, Administracións
e Administracións Públicas Públicas e Xustiza