Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 11 de xuño de 2012 Páx. 22585

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2012 pola que se convocan para o exercicio 2012, en réxime de concorrencia non competitiva, as axudas do Igape ao abeiro das súas bases reguladoras para o apoio financeiro aos sectores da hostalaría, comercio, turismo e servizos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

Mediante Resolución do 22 de xullo de 2010 publicouse o acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aprobou as bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para o apoio financeiro aos sectores da hostalaría, comercio, turismo e servizos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal (Re-invirte Ferrol) (DOG nº 142, do 27 de xullo de 2010), facultando o director xeral a súa convocatoria, aprobación dos créditos e publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Convocar para o ano 2012, en réxime de concorrencia non competitiva, as axudas ao abeiro das bases reguladoras do Igape para o programa de apoio financeiro aos sectores da hostalaría, comercio, turismo e servizos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Igape, as entidades financeiras adheridas e as sociedades de garantía recíproca (Re-invirte Ferrol) (DOG nº 142, do 27 de xullo de 2010).

O tipo de xuro nominal anual establecido no artigo 6.1. das bases reguladoras para as operacións acollidas a esta convocatoria do exercicio 2012 poderá ser, á elección do beneficiario, fixo ou variable:

Tipo de xuro fixo: será o que libremente pacten as partes, sen exceder os 6,75 puntos.

Tipo de xuro variable: o tipo de xuro nominal anual para as operacións de préstamo acollidas á presente convocatoria e o seu sistema de variación establécense do seguinte xeito:

a) Tipo de referencia: para o primeiro semestre de cada ano calcularase como a media aritmética simple dos tipos diarios do euríbor a prazo de 6 meses correspondentes ao mes de novembro do ano anterior. Para o segundo semestre será a media aritmética simple dos tipos diarios do euríbor a prazo de 6 meses correspondentes ao mes de maio do mesmo ano.

b) Tipo adicional: será o que libremente pacten as partes, sen exceder os 3,25 puntos.

c) O tipo de xuro nominal anual dos préstamos será, para cada semestre natural, o resultante de engadirlle ao tipo de referencia o tipo adicional que pacten as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais, arredondarase ata a más próxima vixésima parte do punto.

O tipo de xuro de referencia para cada semestre será comunicado polo Igape ás entidades financeiras e publicado no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, para os efectos desta convocatoria, substitúese o anexo II, formulario de presentación da solicitude, e o anexo VI, relación de entidades financeiras e sociedades de garantía recíproca adheridas, segundo os modelos anexos.

Segundo. O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 14 de setembro de 2012 para as solicitudes na entidade financeira por parte do solicitante e o 15 de outubro de 2012 para a presentación das entidades financeiras no Igape.

No caso de esgotamento do crédito, en cumprimento do disposto no artigo 32 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia (Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro), o Igape publicará a dita circunstancia no Diario Oficial de Galicia e na súa páxina web, co fin de pechar anticipadamente o prazo de presentación de solicitudes.

Terceiro. Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á seguinte aplicación orzamentaria e polos seguintes importes:

Partida orzamentaria

2012

2013

08.A1.741A.7700

57.000,00 €

43.000,00 €

O director xeral do Igape poderá ampliar os créditos e modificar a partida orzamentaria, logo de declaración de dispoñibilidade dos créditos nos termos referidos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, mediante resolución publicada para o efecto.

Así mesmo, non se poderán outorgar subvencións por contía superior á que se determine nesta convocatoria salvo que se realice unha nova convocatoria, ou se produza un incremento de créditos derivados dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito; ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo, ao abeiro do disposto no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, do cal se dará a correspondente publicidade no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Os requisitos das letras c) (coa excepción indicada no punto primeiro desta resolución), e), f), h), i), k), l), m) e n) do artigo 20.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, indícanse nas bases reguladoras destas axudas aprobadas polo Consello de Dirección do Igape o 20 de abril de 2010 e publicadas no Diario Oficial de Galicia nº 142, do 27 de xullo.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2012

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VI
Relación de entidades financeiras e sociedades de garantía recíproca adheridas

Axudas do Igape para o apoio financeiro á hostalaría, comercio, turismo e servizos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal (Re-invirte Ferrol), subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as entidades financeiras e sociedades de garantía recíproca adheridas.

Caixas

Bancos

Sgr

– Banco Etcheverría, S.A.

– Afigal, SGR

– Banco Gallego, S.A.

– NCG Banco, S.A.