Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 15 de xuño de 2012 Páx. 23572

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 4 de xuño de 2012 pola que se convocan para o ano 2012 as axudas á constitución e ao funcionamento das agrupacións de produtores de plantas vivas e produtos da floricultura.

Preámbulo

A constitución de agrupacións de produtores no ámbito da produción agrícola e, concretamente, na produción de planta ornamental e flor é unha medida que incide principalmente na concentración da oferta das producións e contribúe a minorar o impacto negativo da estacionalidade e facilitar a introdución en novos mercados comerciais co fin de elevar, en definitiva, o nivel de competitividade destas producións e de diversificar e dinamizar o medio rural.

A través do Real decreto 233/2002, do 1 de marzo, establecíase a regulación e o recoñecemento das agrupacións de produtores de plantas vivas e produtos da floricultura e as axudas á súa constitución e ao seu funcionamento.

O apoio á formación de estruturas de produción ben dimensionadas e acordes cos retos produtivos e comerciais do mercado establécese na actualidade a través das directrices comunitarias sobre axudas estatais ao sector agrario e forestal para o período 2007-2013 (2006/C 319/01), que permiten subvencionar con fondos estatais actuacións que contribúan a mellorar a competitividade do sector agrario sen vulnerar o libre mercado.

A Orde do 7 de maio de 2010 (DOG nº 93, do 19 de maio), modificada no seu artigo 8 pola Orde do 1 de agosto de 2011 (DOG nº 153, do 10 de agosto), desenvolveu as normas para aplicar na Comunidade Autónoma de Galicia o réxime de axudas para a constitución e o funcionamento das agrupacións de produtores de plantas vivas e produtos da floricultura. As ditas axudas teñen por obxecto sufragar os gastos de carácter técnico, legal e administrativo como consecuencia da constitución destas agrupacións, así como aqueles gastos anuais derivados do seu funcionamento ordinario, ata un máximo de 5 anos posteriores á data en que se fixo efectivo o seu recoñecemento.

O réxime das axudas é de concorrencia non competitiva, de acordo ao artigo 19.2.º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, na medida en que a súa concesión está supeditada a entidades cunhas específicas condicións, sendo estas limitadas no seu número e non podendo, ademais, efectuar a súa comparación no tempo, polo que non é necesario establecer unha prelación e comparación entre as solicitudes.

O Estatuto de autonomía de Galicia establece, de acordo co seu artigo 30.3º, que corresponde á Comunidade Autónoma galega a competencia exclusiva en materia de agricultura e gandaría, de acordo coas bases e a ordenación da actuación económica xeral e a política monetaria do Estado, nos termos do disposto nos artigos 38, 131, 149.1º, 11 e 13 da Constitución.

A Consellería do Medio Rural e do Mar, en virtude do Decreto 46/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar, e do Fondo Galego de Garantía Agraria, exerce a través da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria as competencias sobre a formación, promoción e fomento do asociacionismo agrogandeiro. Por todo isto,

DISPOÑO:

Convocatoria para o ano 2012

Artigo 1. Convocatoria

Por esta orde convócanse para o ano 2012 as axudas á constitución e funcionamento das agrupacións de produtores de plantas vivas e produtos da floricultura, en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo coas bases previstas na Orde do 7 de maio de 2010, pola que desenvolve o réxime das axudas á constitución e ao funcionamento das agrupacións de produtores de plantas vivas e produtos da floricultura.

Artigo 2. Condicións e finalidade

Os solicitantes destas axudas deberán cumprir os requisitos e as obrigas establecidos na Orde do 7 de maio de 2010 (DOG nº 93, do 19 de maio).

Estas axudas teñen por finalidade incentivar a constitución de agrupacións de produtores no ámbito das plantas ornamentais e da flor co obxecto de concentrar a oferta de produto e, en consecuencia, atenuar a estacionalidade das producións, mellorar a organización e diversificación dos produtos e reducir custos de produción para acadar, en definitiva, maior eficiencia produtiva e capacidade negociadora nos mercados nacionais e internacionais.

Artigo 3. Solicitude, xestión e xustificación

As solicitudes de axuda e os anexos correspondentes formularanse conforme os modelos que se xuntan nesta orde.

Os beneficiarios, os conceptos subvencionables e a contía da axuda, a documentación, e o procedemento de xestión das axudas serán os establecidos con carácter xeral na Orde do 7 de maio de 2010, pola que se desenvolve o réxime das axudas á constitución e ao funcionamento das agrupacións de produtores de plantas vivas e produtos da floricultura.

A xustificación do cumprimento das actividades subvencionables de acordo coa dita orde achegaraa o beneficiario no prazo de dez días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución de concesión da axuda, e sempre antes do 15 de decembro, incluído este.

Artigo 4. Lugar e prazo de solicitude de axuda

As solicitudes dirixiranse á conselleira de Medio Rural e do Mar. Presentaranse preferentemente no rexistro xeral da Xunta de Galicia nos servizos centrais, ou do xeito previsto no artigo 10 do Decreto 191/2011, do 22 de setembro (DOG nº 196, do 13 de outubro), de organización e funcionamento dos rexistros da Administración xeral e das entidades públicas instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia.

No caso de envío por correo, farase de acordo co regulamentariamente previsto no artigo 31 do Real decreto 1829/1999, do 3 de decembro, polo que se aproba o regulamento polo que se regula a prestación dos servizos postais, en desenvolvemento do establecido na Lei 24/1998, do 13 de xullo, do servizo postal universal e de liberalización dos servizos postais, que se presentará en sobre aberto, co obxecto de que na cabeceira da primeira folla do documento que se queira enviar se faga constar, con claridade, o nome da oficina e a data, o lugar, a hora e o minuto da súa admisión.

As solicitudes poderán tamén presentarse telematicamente. Os solicitantes poderán presentar a solicitude, coa documentación necesaria, transmitíndoa por vía telemática ao Rexistro Telemático da Xunta de Galicia, mediante a citada sinatura electrónica avanzada, no enderezo da internet https://sede.xunta.es. Neste caso, os solicitantes deberán anexar, ademais, unha declaración responsable de que os documentos escaneados son orixinais e auténticos, sen prexuízo de que se lle poida requirir a exhibición do documento orixinal en calquera momento da tramitación do procedemento. O representante legal da entidade que formule a presentación telemática deberá posuír o devandito certificado dixital.

2. O prazo de solicitude será ata o 30 de novembro de 2012. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Artigo 5. Financiamento das axudas

As axudas que deriven da aplicación desta orde proceden dos fondos transferidos polo MARM, de acordo coas dispoñibilidades orzamentarias e conforme o establecido no artigo 86 da Lei 47/2003, do 26 de novembro, xeral orzamentaria, e financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 16.22.712C 770.3 e código de proxecto 2010-01257, cunha dotación de 50.000,00 euros.

Poderase proceder a incrementar a cantidade fixada anteriormente, de acordo co establecido no punto 2 do artigo 30 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia

Disposición adicional primeira. Publicación e tratamento de datos

De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, a Consellería do Medio Rural e do Mar publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas ou entidades beneficiarias e o importe das axudas concedidas, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e da súa publicación na citada páxina web, así como tamén se procederá á súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo coa Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Así mesmo, de acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións, convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da axuda consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, de ser o caso.

Disposición adicional segunda. Réxime xurídico

En todas aquelas cuestións non previstas nesta orde haberá que aterse ao disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; no seu regulamento executivo, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de subvencións, na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da citada lei.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento e execución

Facultase a persoa titular da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria para que dite os actos necesarios para o desenvolvemento e a execución desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2012

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file