Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 25 de xuño de 2012 Páx. 25159

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2012 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape para a habilitación de liñas de financiamento subsidiado para microempresas, proxectos emprendedores e investimentos das pemes para a mellora competitiva na Comunidade Autónoma de Galicia, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades de crédito adheridas (programa Re-Imaxina), e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2012 en réxime de concorrencia non competitiva.

O Consello de Dirección do Igape, na súa xuntanza do 13 de outubro de 2011, acordou por unanimidade dos seus membros asistentes a aprobación das bases reguladoras das axudas do Igape para a habilitación de liñas de financiamento subsidiado para microempresas, proxectos emprendedores e investimentos das pemes para a mellora competitiva na Comunidade Autónoma de Galicia, instrumentadas mediante Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades de crédito adheridas (programa Re-Imaxina).

Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro.

Publicar as bases reguladoras das axudas do Igape para a habilitación de liñas de financiamento subsidiado para microempresas, proxectos emprendedores e investimentos das pemes para a mellora competitiva na Comunidade Autónoma de Galicia, instrumentadas mediante Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades de crédito adheridas (programa Re-Imaxina); e convocar para o ano 2012 o dito réxime de axudas en concorrencia non competitiva.

Segundo. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes nas entidades financeiras por parte do solicitante iniciarase o día seguinte á publicación das presentes bases reguladoras no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 14 de setembro do ano 2012, concedéndose as axudas de conformidade co artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ata o esgotamento do crédito orzamentario. O Igape publicará a devandita circunstancia no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape www.igape.es a fin de pechar anticipadamente o prazo de presentación de solicitudes, de conformidade co establecido no artigo 31.4 da citada lei.

Terceiro. Dotación orzamentaria

Estas axudas financiaranse con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias: 08.A1.741A.77010, cun crédito de 195.120,00 € para a anualidade 2012 e un crédito de 130.080,00 € para a anualidade 2013; 08.A1.741A.77011, cun crédito de 78.000,00 € para a anualidade 2012 e un crédito de 52.000,00 € para a anualidade 2013; 08.A1.741A.77012, cun crédito de 165.480,00 € para a anualidade 2012 e un crédito de 110.320,00 € para a anualidade 2013; 08.A1.741A.77013, cun crédito de 54.600,00 € para a anualidade 2012 e un crédito de 36.400,00 € para a anualidade 2013, 08.A1.741A.77014, cun crédito de 118.200,00 € para a anualidade 2012 e un crédito de 78.800,00 € para a anualidade 2013; 08.A1.741A.77015, cun crédito de 39.000,00 € para a anualidade 2012 e un crédito de 26.000,00 € para a anualidade 2013.

O director xeral do Igape poderá ampliar o crédito e modificar a partida orzamentaria, precedendo declaración de dispoñibilidade dos créditos nos termos referidos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, mediante resolución publicada para o efecto.

Así mesmo, non se poderán outorgar axudas por contía superior á que se determine nesta convocatoria, salvo que se realice unha nova convocatoria, ou se produza un incremento de créditos derivados dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito; ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo, ao abeiro do disposto no artigo 31.2 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, do cal se dará a correspondente publicidade no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.

Os requisitos das letras c), e), f), h), i), j), k), l), m) e n) do artigo 20.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, indícanse nas bases anexas a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2012

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

Bases reguladoras das axudas do Igape para a habilitación de liñas
de financiamento subsidiado para microempresas, proxectos emprendedores
e investimentos das pemes para a mellora competitiva na Comunidade Autónoma de Galicia, instrumentadas mediante Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca
e as entidades de crédito adheridas (programa Re-imaxina)

O acceso ao financiamento bancario por parte das empresas máis pequenas e os emprendedores constitúe unha das principais barreiras para a posta en marcha de novas iniciativas de investimento, apertura de novas liñas de negocio e/ou mellora competitiva, actuacións que resultan fundamentais para contribuír á creación de emprego e a paliar o actual contexto de crise.

Os convenios de colaboración asinados entre as sociedades de garantía recíproca, as entidades de crédito e o Igape acadaron desde o ano 2002 unha experiencia moi positiva cos microcréditos e as liñas de financiamento para microempresas, Peme xove e Peme competitiva (tamén denominado programa Re-imaxina), cuxo prazo para presentar solicitudes rematou o 30 de setembro de 2011.

Por iso, é de grande importancia habilitar novamente as ditas liñas de financiamento, mediante as presentes bases reguladoras a instrumentar mediante convenio coas principais entidades de crédito e as sociedades de garantía recíproca que operan en Galicia.

A normativa estatal que regula os tipos de xuro e comisións son a Orde do Ministerio de Economía e Facenda do 12 de decembro de 1989, sobre tipos de xuro e comisións, normas de actuación, información a clientes e publicidade das entidades de crédito (BOE nº 303, do 19 de decembro), que será derrogada e substituída a partir da entrada en vigor o 29 de abril de 2012 pola Orde EHA/2899/2011, do 28 de outubro, de transparencia e protección do cliente de servizos bancarios (BOE nº 261, do 29 de outubro de 2011).

O artigo 4.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia permite excluír do seu ámbito de aplicación as subvencións aos xuros dos créditos concedidos a particulares, as cales, segundo o literal do dito artigo, «rexeranse pola súa normativa específica e no seu defecto polas prescricións desta lei que sexan axeitadas á natureza de tales operacións, en particular, os principios xerais, os requisitos e as obrigas de beneficiarios e entidades colaboradoras e o procedemento de concesión». Tendo en conta este artigo, considerase que estas bases reguladoras teñen o carácter de normativa propia da subvención que regulamentan, aplicándose a Lei de subvencións de Galicia de xeito subsidiario. En particular, exclúese expresamente no procedemento establecido nestas bases a aplicación dos requisitos de xustificación establecidos nos artigos 28.7 e 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, por entenderse non compatible coa operativa bancaria.

A experiencia na xestión destas axudas pon de manifesto que algunhas das entidades financeiras colaboradoras rexistran demoras moi significativas na presentación das liquidacións, prexudicando ás sociedades de garantía recíproca que interveñen avalando as operacións, pois o Igape non pode aboarlles a correspondente compensación polos riscos asumidos nos afianzamentos prestados. Por iso, debe darse unha alternativa ao procedemento de liquidación para que o pagamento da compensación ás sociedades de garantía recíproca non estea condicionado a unha previa presentación da liquidación por parte das entidades de crédito, para permitir que as sociedades de garantía recíproca poidan presentar, de ser necesario, unha liquidación ao Igape, ante aqueles supostos nos que se vexan prexudicadas polo retraso significativo ou omisión no cumprimento dos compromisos de índole administrativa polas entidades de crédito.

A tramitación destas axudas exclúe a concorrencia competitiva con base no establecido no artigo 19.2º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, por canto serán subvencionables todos os proxectos que cumpran os requisitos establecidos nestas bases reguladoras, ata o esgotamento do crédito. Xustifícase a excepcionalidade por canto nestes casos non é necesaria a comparación de proxectos entre si, polo interese especial de promover calquera proxecto que, cumprindo os requisitos especificados nas presentes bases, se desenvolva en Galicia, máis aínda na actual situación de dificultades na economía; así mesmo, a concorrencia non competitiva é o mecanismo que permite que os proxectos subvencionables poidan ser atendidos en todo momento, mantendo a posibilidade de solicitude aberta de xeito continuo.

Artigo 1. Obxecto

1.1. As presentes bases regulan o contido e procedemento de tramitación de tres liñas de financiamento subsidiado para facilitar o acceso ao financiamento nos investimentos das microempresas, dos emprendedores e das pemes que melloren a súa competitividade:

– Liña Microcréditos: créditos para financiar investimentos nas microempresas galegas.

– Liña Peme xove: créditos para financiar investimentos en proxectos emprendedores galegos.

– Liña Peme competitiva: créditos para financiar investimentos que permitan mellorar a competitividade das pemes galegas.

1.2. Non poderán concorrer no financiamento dun mesmo proxecto préstamos das distintas liñas de financiamento recollidas nestas bases.

Artigo 2. Beneficiarios das liñas de crédito

2.1. Poderán acceder ás axudas previstas nestas bases aquelas pequenas e medianas empresas segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento 800/2008 (DOCE L/214, do 9 de agosto de 2008), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías). Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención. Neste caso deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único con poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiario lle correspondan á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos dos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Para cada liña de financiamento, establécense os seguintes requisitos adicionais:

a) Para a denominada Microcréditos, poderán ser beneficiarias aquelas empresas cun centro de traballo en Galicia, con menos de 10 traballadores e cunha cifra de negocios anual ou balance xeral anual que non supere os 2 millóns de euros.

b) Para a denominada Peme xove, poderán ser beneficiarias aquelas empresas que exerzan ou teñan intención de exercer a súa actividade económica en Galicia e que, ademais, non veñan desenvolvendo a mesma actividade para a que solicitan o financiamento nun prazo superior a dous anos contados desde a data de presentación no Igape, directamente ou mediante a súa participación no capital doutra sociedade que desenvolvese a mesma actividade.

c) Para a liña denominada Peme competitiva poderán ser beneficiarias aquelas empresas que veñan exercendo en Galicia por un período superior a dous anos algunha das actividades recollidas no anexo II destas bases.

2.2. Para os efectos de acreditar a data de inicio de actividades poderá considerarse a alta no imposto de actividades económicas ou declaración censual.

2.3. En aplicación do artigo 51.Un.m da Lei 11/2011, do 26 de decembro, de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012, os solicitantes quedan exentos de achegar os xustificantes de cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da comunidade autónoma ou ser debedor por resolución de procedencia de reintegro.

2.4. Ademais de reunir os requisitos establecidos para cada liña de financiamento, deberán cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiario establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións.

2.5. Non poderán ser beneficiarias das liñas de financiamento recollidas nestas bases as empresas en crise, de acordo coa definición de empresa en crise que para as pemes aparece no artigo 1.7 do Regulamento xeral de exención (Regulamento CE 800/2008).

Artigo 3. Actividades obxecto de financiamento

3.1. Para as operacións das liñas Microcréditos e Peme xove, establecidas no artigo anterior, poderán ser obxecto de financiamento ao abeiro destas bases todas as actividades económicas, agás:

a) As actividades relacionadas coa exportación, a creación de redes de distribución e investimentos vinculados á actividade de exportación.

b) As actividades do sector do carbón.

3.2. Para as operacións da liña Peme competitiva, a beneficiaria deberá desenvolver algunha das actividades recollidas no anexo II a estas bases.

Artigo 4. Características dos proxectos de investimento

4.1. Obxecto do financiamento. O proxecto investidor deberá consistir na adquisición de activos a terceiros.

4.2. Conceptos financiables.

4.2.1. Con carácter xeral, serán financiables os seguintes conceptos de gasto que se materialicen en:

a) Inmobilizado material de primeiro uso, agás a adquisición de terreos e edificacións:

– Reforma e axeitamento de locais.

– Bens de equipo e unidades funcionais de explotación independente.

– Elementos de transporte, exclusivamente vehículos industriais, agás vehículos de transporte de mercadorías por estrada por parte de empresas que realicen esta actividade por conta allea.

– Honorarios facultativos de proxecto e dirección de obra.

– Outros investimentos en activos fixos materiais.

b) Inmobilizado intanxible novo adquirido a terceiros: unicamente aplicacións informáticas, propiedade industrial, propiedade intelectual, canons de entrada de concesións administrativas ou de franquías, e investimentos de acondicionamento realizados nun local arrendado e que queden definitivamente incorporados a aquel.

4.2.2. Non poderán financiarse os impostos indirectos recuperables que graven a adquisición nin as achegas a realizar ás sociedades de garantía recíproca.

4.2.3. Nas operacións acollidas á liña Microcréditos serán financiables ademais bens usados.

4.2.4. Nas operacións acollidas á liña Peme xove poderán financiarse tamén bens usados, e ademais:

– A adquisición de terreos e edificacións.

– Os aprovisionamentos e gastos necesarios para a posta en marcha do proxecto, incluíndo gastos de establecemento, cun máximo do 20% do importe financiable.

4.2.5. Nas operacións acollidas á liña Peme competitiva poderán financiarse ademais os investimentos en investigación e desenvolvemento (persoal, materiais, colaboracións externas con institucións tecnolóxicas e outros centros, custos de materiais para probas e ensaios, e outros custos indirectos), cun máximo do 25% do importe financiable.

4.3. A beneficiaria deberá destinar os bens ao fin concreto para o que se concedeu a axuda durante un período mínimo de cinco anos en caso de bens inscritibles nun rexistro público, e dous anos para o resto de bens.

No caso de bens inscritibles nun rexistro público, deberá facerse constar na escritura esta circunstancia, así como o importe da subvención concedida, e estes aspectos deberán ser obxecto de inscrición no rexistro público correspondente.

Artigo 5. Importe das operacións

O importe das operacións que se formalicen ao abeiro destas bases con destino ao financiamento dos conceptos sinalados no artigo 4 anterior será:

5.1. Nas operacións acollidas á liña Microcréditos: máximo de 25.000 euros. Ao mesmo tempo, o risco vivo de cada empresa por operacións financeiras formalizadas ao abeiro da liña non poderá superar os 25.000 euros.

5.2. Nas operacións acollidas ás liñas Peme xove e Peme competitiva: mínimo de 25.000 euros e máximo de 120.000 €. Ao mesmo tempo, o risco vivo de cada empresa por operacións financeiras formalizadas ao abeiro de cada unha destas liñas non poderá superar os 120.000 euros.

5.3. O importe dos préstamos subvencionables acollidos a estas bases poderá acadar:

– Ata o 100% dos investimentos financiables, cando se financien con operacións da liña Microcréditos.

– Ata o 90% dos investimentos financiables, cando se financien con operacións da liña Peme xove.

– Ata o 75% dos investimentos financiables, cando se trate de operacións da liña Peme competitiva.

Artigo 6. Prazos de realización dos investimentos, de disposición e de reembolsamento e amortización anticipada da operación financeira

6.1. De acordo con estas bases, poderán ser financiados os investimentos realizados con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2012.

O número de disposicións e/ou a súa contía mínima poderá pactarse libremente entre a entidade de crédito e o prestameiro.

Previamente á utilización dos fondos da conta específica, a entidade de crédito requirirá aos prestameiros a documentación (facturas, contratos, certificacións de obra etc.) que acredite a execución do investimento.

A disposición dos fondos aboados do préstamo e a realización total dos investimentos deberán efectuarse antes da primeira amortización do préstamo para o que o prestameiro solicitará a carencia de amortización necesaria dentro do límite dun ano desde a formalización do préstamo. Se existisen fondos pendentes de utilizar na conta específica unha vez transcorrido este período, deberán destinarse a amortizar o principal do préstamo, e non se computarán para efectos de préstamo subvencionable.

6.2. O prazo de reembolsamento ás entidades de crédito das operacións acollidas a estas bases será de 5 anos nas operacións da liña Microcréditos, e entre 5 e 7 anos nas liñas Peme xove e Peme competitiva, incluído ata 1 ano de carencia na amortización do principal en todas as liñas, períodos aos que se poderán engadir os días que transcorran desde a formalización ao último día do trimestre ou mes en que se produza a amortización.

6.3. A operación financeira poderá ser amortizada sen custo de forma anticipada, total ou parcialmente, por vontade do beneficiario. As amortizacións anticipadas parciais que, se é o caso, realice voluntariamente o beneficiario aplicaranse a reducir, en igual contía, as cotas de amortización restantes.

Artigo 7. Tipo de xuro e comisións das operacións

7.1. Para a liña Microcréditos, o tipo de xuro será fixo.

O tipo de xuro nominal anual ao que se formalizarán as operacións nesta liña de financiamento será inicialmente do 4,50%.

Este tipo fixo será obxecto de revisión no caso se produza unha variación significativa do euríbor, de acordo co parágrafo seguinte.

Para ter en conta variacións significativas ao longo do ano, farase unha actualización cada vez que a media do euríbor a un ano calculado sobre os tres meses anteriores máis un diferencial de 2,5 puntos porcentuais se desvíe máis dun 10% do tipo en vigor. Este novo tipo, que será o resultado de engadir á media dos últimos tres meses do euríbor a un ano un diferencial de 2,5 puntos porcentuais, será, se é o caso, obxecto de notificación ás entidades de crédito adheridas e de publicación no Diario Oficial de Galicia, entrando en vigor para as operacións que se formalicen a partir da data de publicación.

7.2. Para as liñas Peme xove e Peme competitiva: O tipo de xuro nominal anual variará por semestres e determinarase tomando como tipo de referencia o euríbor a 6 meses, máis un diferencial de 2,5 puntos porcentuais.

7.3. As entidades de crédito adheridas non lles repercutirán aos prestameiros e avalados ningún tipo de gasto ou comisión derivados das operacións aprobadas en aplicación destas bases. Para estes efectos, non se considerará comisión o cobramento da tarifa de reclamación de posicións debedoras.

7.4. Os prestameiros deberán realizar, se é o caso, a achega para adherirse á sociedade de garantía recíproca que corresponda, e aboar as comisións de aval e de estudo que se devindiquen.

7.5. Garantías da operación. As operacións formalizadas ao abeiro destas bases contarán co aval dunha sociedade de garantía recíproca polo 100% do importe do financiamento. Para as liñas Microcréditos e Peme xove, as sociedades de garantía recíproca non requirirán outra garantía adicional máis que as persoais da/s propia/s persoa/s que promovan ou desenvolvan a actividade empresarial e os seus socios, podendo figurar tamén como avalistas os cónxuxes ou parellas de feito. Para a liña Peme competitiva poderán requirirse ademais garantías reais sobre os bens afectos á actividade.

Artigo 8. Compensacións do Igape

O artigo 13.m) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, recolle a posibilidade de fixar unha compensación económica a favor das entidades colaboradoras.

Para tal fin, por cada operación formalizada ao abeiro destas bases reguladoras, o Igape aboará ás entidades de crédito e sociedades de garantía recíproca asinantes do Convenio o 11,38% do importe do préstamo subvencionable para a liña Microcréditos e o 13,10% para Peme xove e Peme competitiva, dos cales 8,13 puntos porcentuais na liña Microcréditos e 9,85 nas liñas de Peme xove e Peme competitiva serán aboados á entidade de crédito; e 3,25 á sociedade de garantía recíproca en todas as liñas, ambas as achegas cun mínimo de 250 € por operación. As achegas ás SGR deberán ser integradas no seu fondo de provisións técnicas.

Artigo 9. Compatibilidade e límite de axuda

9.1. As axudas outorgaranse ao abeiro do Regulamento (CE) nº 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro de 2006, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis (DOUE L 379/5, do 28.12.2006).

9.2. A concesión das axudas queda supeditada ao cumprimento da normativa vixente e, en especial, á da Unión Europea. Neses termos, serán compatibles con calquera outra axuda pública ou privada, pero en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poderán superar os límites máximos de intensidade de axuda establecidos pola Unión Europea, nin o custo da actividade subvencionada. As subvencións financeiras que se concedan ao abeiro destas bases terán a consideración de axuda de minimis e cumprirán co establecido no Regulamento (CE) nº 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro de 2006, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis (DOUE L 379/5 do 28 de decembro de 2006). As axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar 200.000 € durante calquera período de tres exercicios fiscais. Este límite será de 100.000 € para as empresas do sector do transporte por estrada. Para as empresas que operen no sector primario pesqueiro este límite será de 30.000 €, respectando o regulamento 875/2007 da Comisión do 24 de xullo de 2007, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de minimis no sector pesqueiro (DOUE L 193/2007). Para a produción primaria dos produtos agrícolas que figuran no anexo I do Tratado da Unión Europea, as axudas destas bases respectarán o Regulamento 1535/2007 da Comisión, do 20 de decembro de 2007, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de minimis no sector agrario (DOUE L 337/2007), sendo o referido límite de 7.500 €.

9.3. A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Instituto Galego de Promoción Económica tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente a documentación xustificativa do proxecto realizado. En todo caso, antes de conceder a axuda, solicitarase da empresa unha declaración escrita ou en soporte electrónico, das axudas recibidas en réxime de minimis nos últimos tres exercicios. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

Artigo 10. Consentimentos e autorizacións

10.1. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.

10.2. De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións, convenios e de sancións da Xunta de Galicia, o solicitante da subvención consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, no devandito rexistro, feito que terá lugar agás nos supostos legalmente establecidos. Todo isto consonte o establecido na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e na Lei orgánica 1/1982, do 5 de maio, pola que se regula a protección civil do dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe.

10.3. De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, o Igape publicará na súa páxina web oficial a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e a súa publicación na citada páxina web, coas excepcións previstas nas leis.

A devandita autorización esténdese á cesión dos seus datos persoais á entidade colaboradora do Igape, á entidade de crédito na que se aboe o pagamento das axudas, ao Diario Oficial de Galicia e ás demais cesións previstas na lei.

O solicitante poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición respecto do contido dos rexistros antes citados, ante a Dirección Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, sito no complexo administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela, en aplicación do disposto no Decreto 132/2006.

10.4. De acordo co establecido no artigo 5 do Real decreto 1149/2011, do 29 de xullo, polo que se establece e regula o rexistro español de axudas de minimis no sector pesqueiro (BOE nº 223, do 16 de setembro), no caso de empresas do sector pesqueiro, a empresa solicitante da subvención consentirá expresamente a inclusión e publicidade da información a que se fai referencia no anexo I deste real decreto no devandito rexistro, unha vez que este estea operativo.

10.5. A presentación da solicitude tamén autoriza ao órgano xestor para acceder ao Sistema de verificación de datos de identidade e residencia, co fin de evitar a achega do DNI do solicitante ou do seu representante legal. No caso de que o solicitante denegue expresamente esta autorización deberá, obrigatoriamente, presentar o DNI coa solicitude.

Artigo 11. Tramitación das solicitudes

11.1. Para presentar unha solicitude de axuda o interesado, ou a entidade colaboradora no seu nome, deberá cubrir previamente un cuestionario descritivo da empresa, do proxecto e da operación a través do enderezo da internet http://www.tramita.igape.es. Unha vez cuberto o cuestionario, este pasará a disposición da entidade de crédito na extranet de entidades colaboradoras e xerará unha solicitude de tramitación do expediente en formato papel que se presentará na entidade de crédito, asinada polo solicitante (anexo I). Nesta solicitude, apodérase á entidade de crédito para que tramite, en nome do solicitante, o expediente de axuda ante o Igape, no caso de que este aprobe a operación financeira. Para estes efectos as entidades colaboradoras terán que acreditar a súa solvencia técnica para acceder e xestionar a extranet de entidades colaboradoras, de acordo co establecido no artigo 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes (DOG nº 241, do 17 de decembro).

11.2. Co fin de prestar asistencia na formalización do cuestionario, o Igape pon á disposición do interesado o seu Servizo de Asistencia Técnica, a través dos números de teléfono 902 30 09 03 ou 981 54 11 47, ou os que en cada momento se establezan para esta finalidade, que serán obxecto de publicidade no citado enderezo da internet. Desde este servizo poderá accederse á aplicación informática e xerar o IDE identificativo, no caso de que o solicitante non dispoña dun acceso directo a internet. Tamén se poderá recibir asistencia na propia entidade de crédito colaboradora.

Deberanse cubrir necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, tralo cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente o cuestionario. Este IDE estará composto de 40 caracteres alfanuméricos e obterase mediante o algoritmo estándar de extractado «SHA-1 160 bits» a partir do documento electrónico xerado pola aplicación de axuda citada anteriormente.

11.3. As entidades de crédito centralizarán as solicitudes de axuda recibidas nas distintas sucursais e, no caso de aprobación da operación financeira, solicitarán en nome do interesado a axuda financeira no Igape no prazo máximo dun mes contado desde a entrada do cuestionario na extranet de entidades colaboradoras. No caso de que a operación financeira sexa denegada, a entidade de crédito só comunicará a súa denegación.

A instrución e resolución do procedemento basearase nas declaracións contidas no citado cuestionario.

11.4. As solicitudes da entidade de crédito ao Igape presentaranse a través da extranet de entidades colaboradoras (http://extranet.igape.es), sendo esta vía telemática obrigatoria. O Igape resérvase a potestade de introducir modificacións no funcionamento e na recollida de datos da extranet, co obxecto de mellorar a efectividade das interaccións entre entidades ou as actuacións de control que son propias do seu papel no convenio. Nas solicitudes será obrigatorio a inclusión do IDE e se carecen de IDE ou este é erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación de axuda) serán devoltas sen tramitación, logo de requirimento realizado para o efecto.

11.5. A autorización de acceso á extranet de entidades colaboradoras para este convenio darase de oficio para os usuarios que as entidades de crédito teñan xa rexistrados para outros convenios, ben que é posible modificar estas autorizacións ou dar novas altas mediante a solicitude do anexo IV.

11.6. Os usuarios da extranet asinantes da solicitude por esta vía telemática deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Será necesario que o usuario da extranet asinante da solicitude teña a autorización do interesado e da entidade de crédito tramitadora. A autorización por parte do interesado acreditarase mediante a solicitude orixinal (copia para a entidade de crédito do anexo I); a autorización por parte da entidade de crédito virá dada polo anexo IV entregado ao Igape segundo se indicou anteriormente.

b) O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 válido, tal e como especifica a Orde do 25 de novembro de 2004, da Consellería de Economía e Facenda, pola que se establecen as normas específicas sobre o uso da sinatura electrónica nas relacións por medios electrónicos, informáticos e telemáticos coa Consellería de Economía e Facenda e os seus organismos e entidades adscritas (DOG nº 239, do 10 de decembro). Os certificados de clase 2 CA emitidos pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda serán válidos para efectos de presentación de solicitudes.

11.7. Dentro dos dez días seguintes á presentación das solicitudes no rexistro electrónico, a entidade de crédito comunicaralles aos solicitantes a data en que as solicitudes foron presentadas no Igape, o número de expediente asignado, o prazo máximo establecido para a resolución e notificación do procedemento (2 meses desde a data de presentación completa da solicitude de axuda no Igape) e os efectos do silencio administrativo (negativo).

11.8. Se a solicitude reúne os requisitos establecidos nas presentes bases para ser beneficiaria da axuda, autorizarase a formalización da operación financeira a través da extranet de entidades colaboradoras (http://extranet.igape.es). De conformidade co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, se a solicitude non reúne os datos exixidos nestas bases, requirirase o solicitante e a entidade de crédito para que, no prazo de dez días hábiles desde o seguinte ao requirimento se emende a falta, con indicación de que, en caso contrario, se lle terá por desistido da súa petición, logo da resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da citada Lei 30/1992.

11.9. Traslado de solicitudes á entidade de crédito e á sociedade de garantía recíproca.

O Igape trasladará a través da extranet de entidades colaboradoras (http://extranet.igape.es) a solicitude cursada á sociedade de garantía recíproca correspondente, para os efectos da valoración do risco e remisión da súa posición ao Igape. O dito traslado autoriza a formalización da operación financeira sen que a dita remisión supoña recoñecemento do dereito do solicitante a percibir finalmente a axuda. A SGR formulará a súa posición no prazo dos 15 días hábiles seguintes ao traslado da solicitude. No caso de non recibir resposta pola SGR no citado prazo o Igape desestimará a solicitude.

Artigo 12. Resolución

12.1. Unha vez que a sociedade de garantía recíproca formule a súa posición, a solicitude será avaliada polos servizos técnicos do Igape en función dos datos relativos á operación declarados no cuestionario anexo a ela. Unha vez avaliada a solicitude, a Dirección da Área de Financiamento elevará a proposta de resolución ao director xeral do Igape, quen resolverá por delegación do Consello de Dirección do Igape.

12.2. Na resolución de concesión de axuda farase constar o importe do investimento subvencionable, o importe do préstamo subsidiable, o seu prazo de vixencia e carencia e o importe efectivo da subsidiación equivalente para o beneficiario que o Igape aboará á entidade de crédito e á sociedade de garantía recíproca por esta operación.

12.3. Na resolución denegatoria de axuda farase constar o motivo da denegación. Non axustarase aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información, será causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto no artigo 50 e seguintes da Lei de subvencións de Galicia.

12.4. Con base nas características do programa de axuda, o procedemento de concesión tramitarase en concorrencia non competitiva. As solicitudes de axuda resolveranse por orde de entrada das solicitudes completas no Igape e ata esgotarse as dispoñibilidades orzamentarias aprobadas, circunstancia que se publicará mediante resolución no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape www.igape.es. O esgotamento do crédito conlevará a inadmisión de posteriores solicitudes.

Artigo 13. Notificación, silencio administrativo e recursos

13.1. O Igape notificará ao solicitante e comunicará á entidade de crédito e SGR, se é o caso, a concesión ou denegación da axuda, de acordo co establecido no artigo 24 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

13.2. O beneficiario ten un prazo de 10 días hábiles a partir do seguinte ao da notificación da resolución de concesión para aceptala. Para isto deberá cubrir o modelo de aceptación establecido na páxina web do Igape www.igape.es. A aceptación por parte do interesado suporá a obriga de cumprir as condicións establecidas na resolución, nestas bases e demais disposición aplicables. Transcorrido o prazo de aceptación sen que se producise manifestación expresa, a axuda entenderase tacitamente aceptada, agás que no mesmo prazo se comunique de xeito formal e expreso a renuncia á subvención concedida. No caso de que o beneficiario renunciase á axuda percibida, procederase consonte o artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

13.3. O prazo máximo para notificar a resolución do procedemento será de dous meses a partir da data de presentación da solicitude de axuda no Igape. O citado prazo poderá ser suspendido nos supostos establecidos no artigo 42.5 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Transcorrido tal prazo sen que se notificase resolución expresa, poderase entender desestimada.

Contra a resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso administrativo diante dos xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da recepción da notificación da resolución se for expresa, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto. Potestativamente, poderase interpoñer recurso de reposición diante do director xeral do Igape no prazo dun mes a partir do día seguinte á recepción da notificación da resolución se fose expresa, ou no prazo de tres meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

13.4. Será causa de denegación da axuda a falta de comunicación pola entidade de crédito ou a SGR da súa posición respecto á aprobación da operación, nos prazos establecidos nestas bases e no convenio asinado para o efecto, sen prexuízo da posibilidade do solicitante de reiterar a súa solicitude.

Artigo 14. Publicación

14.1. De conformidade co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, o Igape e a Consellería de Economía e Industria incluirán as axudas concedidas ao abeiro destas bases e as sancións que, como consecuencia delas, puidesen impoñerse, nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos persoais dos beneficiarios e a súa remisión ás entidades de crédito e sociedades de garantía recíprocas para os efectos da formalización da operación, e a referida publicidade.

14.2. De acordo co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o Igape publicará as subvencións concedidas ao abeiro destas bases na páxina web do Igape, www.igape.es, e no Diario Oficial de Galicia expresando a norma reguladora, beneficiario, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos do beneficiario e da súa publicación nos citados medios. A publicación no Diario Oficial de Galicia realizarse no prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución das concesións, non obstante, cando os importes das subvencións concedidas, individualmente consideradas, sexan de contía inferior a 3.000 euros, non será necesaria a publicación no Diario Oficial de Galicia, que será substituída pola publicación das subvencións concedidas na páxina web do Instituto Galego de Promoción Económica.

14.3. De acordo co establecido no artigo 5 do Real decreto 1149/2011, do 29 de xullo, polo que se establece e regula o rexistro español de axudas de minimis no sector pesqueiro (BOE nº 223, do 16 de setembro), no caso de que o beneficiario sexa unha empresa do sector pesqueiro, o Igape publicará a subvención concedida ao abeiro destas bases no citado rexistro, unha vez que este estea operativo, expresando a información a que se fai referencia no anexo I deste real decreto.

Artigo 15. Formalización da operación financeira

O prazo para a formalización da operación financeira vencerá aos 3 meses desde a data de notificación da resolución de concesión da axuda do Igape. Transcorrido o dito prazo sen que conste presentada no Igape a certificación da entidade de crédito na que se inclúa esa operación como formalizada, ditarase resolución tendo ao solicitante por renunciado e ordenando o arquivo do expediente, salvo que, logo de solicitude razoada de prórroga deste, presentada no Igape dentro do prazo e acreditando a conformidade da entidade de crédito, o Igape autorice a dita prórroga.

Non obstante, e mentres o Igape non notifique o contrario ás sociedades de garantía recíproca asinantes e ás entidades de crédito, poderán formalizarse operacións anticipadamente á resolución de concesión do Igape, co límite global de operacións formalizadas pendentes de resolución para cada sociedade de garantía recíproca de 1.000.000 € para cada una das liñas.

Nestes supostos de formalización anticipada, no caso de que as condicións formalizadas da operación non coincidan cos termos da resolución do Igape, deberá procederse á oportuna adaptación mediante anexo á póliza, modificando as condicións para quedar axustadas á resolución. En caso de denegación da axuda por parte do Igape, a entidade de crédito poderá incrementar os tipos de xuro establecidos no convenio ata en 2 puntos.

Artigo 16. Xustificación e pagamento

16.1. Xustificación.

Unha vez formalizada a operación, as entidades de crédito solicitarán os orixinais das solicitudes de cobramento asinadas polos titulares das operacións segundo o anexo III a estas bases e custodiaranos á disposición do Igape, xunto coa documentación que acredite a execución do investimento (facturas, contratos, certificacións de obra etc.) e do pagamento da totalidade do investimento subvencionable (transferencias, cheques nominativos ou outros medios de pagamento etc.). No caso de adquisición de inmobles requirirán ademais escritura pública, que deberá facer constancia expresa de que o ben será destinado ao fin concreto para o que se concedeu a axuda.

O prazo máximo para xustificar ante a entidade de crédito a execución do investimento e o seu pagamento e solicitar a liquidación prevista no artigo 16.2 destas bases será de 10 días hábiles contados desde a finalización do prazo establecido para a finalización dos investimentos.

De conformidade co disposto no punto 2 do artigo 4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as subvencións aos xuros dos créditos concedidos a particulares rexeranse pola súa normativa específica. Polo tanto, considérase normativa aplicable as propias bases reguladoras, e tendo en conta as complexidades da tramitación, os beneficiarios quedan excluídos das obrigas de xustificación previstas nos artigos 28.7 e 29.3.

O Igape poderá requirir das entidades de crédito, previamente ou con posterioridade ao pagamento da liquidación prevista no artigo 16.2 destas bases, calquera documentación acreditativa do cumprimento do proxecto subvencionado así como outra información para os efectos estatísticos e dunha axeitada imputación contable ao peche do exercicio. Para os ditos efectos, o Igape resérvase o dereito de introducir modificacións e melloras na recollida de datos da extranet, co obxecto de mellorar a efectividade das interaccións coas entidades colaboradoras e as actuacións de control que lle corresponden.

As entidades colaboradoras deberán custodiar a documentación como mínimo mentres non prescriba o dereito a recoñecer ou liquidar o reintegro, de acordo co artigo 35 da Lei de subvencións de Galicia.

16.2. Pagamento das compensacións ás entidades colaboradoras.

Na primeira quincena do mes seguinte de cada trimestre natural as entidades de crédito remitiranlle ao Igape, a través da extranet de entidades colaboradoras:

a) Unha relación daquelas operacións formalizadas ao abeiro destas bases cunha disposición de fondos completa que conste xustificada conforme a súa finalidade, ou, se é o caso, a renuncia expresa á parte non xustificada que non será subvencionada.

b) A liquidación dos importes que lles corresponde percibir, segundo o establecido no artigo 8 destas bases.

Esta documentación servirá, así mesmo, de base para a liquidación ás sociedades de garantía recíproca avalistas dos importes que lles correspondan conforme o artigo 8 destas bases.

O Igape procederá ao pagamento das cantidades liquidadas correspondentes directamente ás entidades de crédito e ás sociedades de garantía recíproca dentro da primeira quincena do mes seguinte a aquel en que recibisen as correspondentes liquidacións.

16.3. Solicitude de liquidación por parte das SGR da súa compensación.

No caso de que transcorran máis de 6 meses desde a finalización dos investimentos sen que as entidades de crédito remitan ao Igape a liquidación conforme o procedemento descrito, as SGR poderán recabar dos beneficiarios a documentación (facturas, contratos, certificacións de obra etc.) que acrediten a execución do investimento e o seu pagamento, e remitir ao Igape a través da extranet a liquidación dos importes que lles correspondan. Nestes supostos a SGR deberá manter a dita documentación xustificativa a disposición do Igape durante un prazo de, polo menos, 4 anos a partir da disposición dos fondos e remitirlle ao Igape as aclaracións que solicite respecto daquela.

En calquera caso, o réxime de pagamento deberá cumprir o establecido nos puntos 4 e 7 do artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 17. Modificacións

17.1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda, e en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión ou á súa revogación, no caso de considerarse que a modificación afecta un aspecto substancial da concesión.

17.2. O beneficiario queda obrigado a comunicar ao Igape calquera circunstancia ou eventualidade que poida afectar substancialmente a execución dos fins para os que foi concedida a axuda. En particular, deberá remitir unha declaración complementaria das axudas recibidas para a mesma operación no momento en que sexa comunicada calquera concesión.

17.3. No caso de modificación da operación aprobada, o beneficiario da axuda poderá solicitar, motivadamente, a modificación da resolución. No caso de que a modificación afecte os datos declarados no cuestionario, deberá formalizar previamente un novo cuestionario descritivo do proxecto na aplicación de axuda na internet, e obter un novo código IDE. Este IDE incluirase na solicitude de modificación.

17.4. O director xeral do Igape poderá acordar a modificación da resolución por instancia do beneficiario, debendo cumprirse os seguintes requisitos:

a) Que a actividade, conduta ou modificación do proxecto estea comprendida dentro da finalidade destas bases.

b) Que a modificación non cause prexuízo a terceiros.

c) Que os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación de ter concorrido na concesión inicial, non supuxeran a denegación da axuda.

17.5. O acto polo cal se acorde a modificación da resolución de concesión ou, se é o caso, a súa denegación, será ditado polo órgano concedente, unha vez instruído o correspondente expediente no que se dará audiencia aos interesados. Non obstante, poderase prescindir deste trámite de audiencia cando non figuren no procedemento, nin se teñan en conta na resolución, outros feitos, alegacións ou probas que as aducidas polo interesado.

17.6. O Igape poderá rectificar de oficio a resolución cando dos elementos que figuren nela se deduza a existencia dun erro material, de feito ou aritmético.

17.7. No caso de modificacións da operación financeira, unha vez formalizada e que supoñan unha mellora solicitada pola empresa (carencia intermedia, diferencial etc.), poderá levarse a cabo sen autorización previa do Igape. Non obstante, a entidade de crédito deberá comunicala. As ditas modificacións non suporán, en ningún caso, a revisión á alza das axudas concedidas.

Artigo 18. Reintegros, incumprimentos e sancións da subvención

18.1. Procederá o reintegro total ou parcial por parte do beneficiario das cantidades aboadas polo Igape á entidade de crédito e sociedade de garantía recíproca con motivo da súa operación de préstamo, xunto cos xuros de demora devindicados desde o pagamento, nos seguintes casos:

a) Incumprimento da obriga de xustificación ou xustificación insuficiente segundo os termos contidos nas presentes bases.

b) Obtención da subvención sen reunir os requisitos exixidos para a súa concesión, falseando as condicións requiridas para isto ou ocultando aquelas que o impedisen.

c) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, actividade, proxecto ou non adopción do comportamento que fundamentou a concesión da subvención.

d) Amortización total da operación financeira sen ter transcorrido polo menos a metade do período de vixencia.

e) O incumprimento das obrigas de destino dos bens durante os períodos mínimos previstos no artigo 4.3, que se producirá en todo caso co alleamento ou o gravame do ben, será causa de reintegro, e quedará o ben afecto ao pagamento do reintegro calquera que sexa o seu posuidor, salvo que resulte ser un terceiro protexido pola fe pública rexistral ou se xustifique a adquisición dos bens con boa fe e xusto título ou en establecemento mercantil ou industrial, en caso de bens mobles non inscribibles.

f) Incumprimento das condicións impostas ao beneficiario con motivo da concesión da axuda ou subvención pública, así como dos compromisos por este asumidos, sempre que afecten ou se refiran ao modo en que deben acadarse os obxectivos, realizar a actividade, executar o proxecto ou adoptar o comportamento que fundamente a concesión da subvención, ou daqueles distintos dos anteriores, cando disto derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade ou regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

g) Incumprimento de adoptar as medidas de difusión que se impuxesen na resolución de concesión.

h) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro desempeñadas pola Administración ou por calquera dos seus órganos, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos cando disto derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o incumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

i) A adopción, en virtude do establecido nos artigos 107 e 108 do Tratado da Unión Europea, dunha decisión da cal derive unha necesidade de reintegro.

j) A nulidade da resolución polas causas establecidas no artigo 32 ou ter incorrido nalgunha das causas de reintegro do artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

18.2. Igualmente procederá o reintegro do exceso percibido nos supostos en que o importe da axuda, illadamente ou en concorrencia coas subvencións ou axudas doutras administracións ou doutras entidades públicas ou privadas, supere o custo do proxecto ou o límite de intensidade de axuda establecido pola normativa comunitaria.

18.3. O alcance do incumprimento determinarase en función do grao e entidade da condición incumprida. A concorrencia de distintas causas de incumprimento dará lugar á súa apreciación conxunta.

Se o incumprimento superase o 50% do investimento subvencionable aprobado, considerarase total, e será causa de revogación da axuda e de reintegro da totalidade das cantidades percibidas. As cantidades que se van reintegrar terán a consideración de ingresos de dereito público, e resultará de aplicación para o seu recobramento, de ser o caso, a vía de constrinximento.

18.4. O procedemento para declarar o incumprimento e reintegro de cantidades axustarase ao disposto nos capítulos I e II do título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no título V do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, e será competente para a súa resolución o director xeral do Igape. Contra a súa resolución caberá recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela nos dous meses seguintes á súa notificación e, potestativamente, recurso de reposición ante o director xeral do Igape no mes seguinte a súa notificación.

18.5. Sen prexuízo do establecido nos puntos anteriores, os beneficiarios e entidades de crédito e SGR colaboradoras sométense ao réxime de infraccións e sancións establecido no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño) e no título VI do seu regulamento.

18.6. Poderase considerar plenamente xustificada a subvención no proceso de comprobación cando o Igape constate que os gastos efectivamente xustificados sexan inferiores á contía do importe subvencionado e esta diferenza dese lugar a unha minoración no importe da subvención ou no importe para reintegrar inferior a 30 € ou á contía que para eses efectos fixe a consellería competente.

Artigo 19. Modificación das condicións financeiras en caso de perda da subvención

No caso de que o Igape non aboe a axuda concedida debido á perda desta por incumprimento de condicións do prestameiro, as entidades de crédito e as sociedades de garantía recíproca poderán pactar nas correspondentes pólizas e contratos de garantía que sexan de aplicación diferentes condicións ás estipuladas nestas bases.

Artigo 20. Control

Tanto as entidades de crédito como as sociedades de garantía recíproca adheridas, como os beneficiarios das operacións de financiamento, quedan obrigados a someterse ás actuacións de control que se efectúen por parte do Igape ou polos órganos internos ou externos de control da Comunidade Autónoma de Galicia, para verificar o cumprimento dos requisitos e finalidades das operacións financeiras acollidas a estas bases.

Artigo 21. Adhesión mediante convenio de entidades de crédito e sociedades de garantía recíproca colaboradoras

21.1. O Igape convidará a adherirse ao convenio de colaboración en que se regulen os compromisos das partes a todas aquelas entidades de crédito e sociedades de garantía recíproca que, tendo acreditada unha presenza significativa en Galicia, así como a súa solvencia (a solvencia entenderase acreditada se prestaron servizos financeiros para o investimento das pequenas e medianas empresas durante os últimos tres anos e se comprometen a desenvolver os procedementos necesarios para o bo fin da tramitación das operacións, por todos os medios dispoñibles, humanos e técnicos, para facilitarlle o acceso a esta liña de financiamento), colaborasen co instituto nos seus programas de subsidiación ao tipo de xuro de préstamos, créditos ou operacións de arrendamento financeiro. Así mesmo, poderán instar a súa adhesión a este convenio todas aquelas entidades de crédito e sociedades de garantía recíproca acreditadas polo Banco de España que, demostrando unha implantación significativa en Galicia, dispoñan dos medios técnicos axeitados para asegurar a correcta tramitación dos expedientes conforme o establecido no convenio, nestas bases e nos seus anexos.

As ditas entidades xustificarán mediante declaración responsable o cumprimento dos requisitos establecidos para obter a condición de entidade colaboradora no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, asumindo as obrigas do artigo 12 do citado texto legal.

21.2. Formalización da adhesión ao convenio de entidades de crédito e sociedades de garantía recíproca.

A adhesión formalizarase mediante a sinatura, por apoderado con facultades bastantes, da declaración que se xunta como anexo V a estas bases. O Igape daralles conta ao resto das entidades adheridas da existencia de cada novo partícipe no convenio.

21.3. As entidades colaboradoras adheridas ao convenio relaciónanse no anexo VI a estas bases.

Artigo 22. Aplicación transitoria

O procedemento de liquidación previsto no artigo 16.3 poderá ser aplicado para que as sociedades de garantía recíproca poidan reclamar a súa correspondente compensación naquelas operacións formalizadas ao abeiro doutros convenios asinados co Igape cuxa finalidade sexa mellorar as condicións financeiras de préstamos, e ante aqueles supostos en que se vexan prexudicadas polo atraso significativo ou omisión no cumprimento dos compromisos de índole administrativa polas entidades de crédito. O prazo para que as sociedades de garantía recíproca presenten estas liquidacións rematará o 30 de setembro de 2012.

Artigo 23. Remisión normativa

Para todo o non previsto nestas bases aplicarase o previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o disposto no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, no Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento, no Regulamento (CE) nº 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro de 2006, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis (DOUE L 379/5, do 28.12.2006), no Regulamento 875/2007 da Comisión do 24 de xullo de 2007, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de minimis no sector pesqueiro (DOUE L 193/2007), no Regulamento 1535/2007 da Comisión, do 20 de decembro de 2007, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de minimis no sector agrario (DOUE L 337/2007) e no resto da normativa que resulte de aplicación.

En canto ao cómputo de prazos, observarase o disposto no artigo 48 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

ANEXO II
Actividades financiables préstamos peme competitiva

Axudas do Igape para a habilitación de liñas de financiamento subsidiado
para microempresas, proxectos emprendedores e investimentos das pemes
para a mellora competitiva na Comunidade Autónoma de Galicia

Agricultura, gandaría, silvicultura e pesca

 

01.19. Outros cultivos non perennes

 

01.30. Propagación de plantas

 

01.46. Explotación de gando porcino

 

01.47. Avicultura

 

01.6. Actividades de apoio á agricultura, á gandaría e de preparación posterior da colleita

 

02. Silvicultura e explotación forestal

 

03. Pesca e acuicultura

Agás adquisición ou construción de buques

Industrias extractivas

 

08.1. Extracción de pedra, area e arxila

 

Industria manufactureira

 

10. Industria da alimentación

 

11. Fabricación de bebidas

 

13. Industria téxtil

 

14. Confección de pezas de vestir

 

15. Industria do coiro e do calzado

 

16. Industria da madeira e da cortiza, agás mobles; cestaría e espartaría

 

17. Industria do papel

 

18. Artes gráficas e reprodución de soportes gravados

 

20. Industria química

 

21. Fabricación de produtos farmacéuticos

 

22. Fabricación de produtos de caucho e plásticos

 

23. Fabricación doutros produtos minerais non metálicos

 

24. Metalurxia; fabricación de produtos de ferro, aceiro e ferroaliaxes

 

25. Fabricación de produtos metálicos, agás maquinaria e equipamento

 

26. Fabricación de produtos informáticos, electrónicos e ópticos

 

27. Fabricación de material e equipamento eléctrico

 

28 Fabricación de maquinaria e equipamento n.c.o.p

 

29. Fabricación de vehículos de motor, remolques e semirremolques

 

30. Fabricación doutro material de transporte

 

31. Fabricación de mobles

 

32. Outras industrias manufactureiras

 

33. Reparación e instalación de maquinaria e equipamentamento

 

Construción

 

41. Construción de edificios

Só bens de equipamento

42. Enxeñaría civil

Só bens de equipamento

43. Actividades de construción especializada

Só bens de equipamento

Comercio

 

45. Venda e reparación de vehículos de motor e motocicletas

 

46. Comercio por xunto e intermediarios do comercio, agás vehículos de motor e motocicletas

Agás 46.1

47. Comercio retallista, agás vehículos de motor e motocicletas

 

Transporte e almacenamento

 

49. Transporte terrestre e por tubaxe

Agás elementos de transporte

50. Transporte marítimo e por vías navegables interiores

 

51. Transporte aéreo

Agás 51.22

52.10. Depósito e almacenamento

 

52.22. Actividades anexas ao transporte marítimo e por vías navegables interiores

 

Hostalaría

 

55. Servizos de aloxamento

 

56.1. Restaurantes e postos de xantar

Exclusiv.2 ou máis garfos

Información e comunicacións

 

58. Edición

 

59. Actividades cinematográficas, de vídeo e programas de televisión, gravación de son e edición musical

 

60. Actividades de programación e emisión de radio e televisión

 

61. Telecomunicacións

 

62. Programación, consultoría e outras actividades relacionadas coa informática

 

63. Servizos de información

 

72. Investigación e desenvolvemento agás sector carbón

 

73. Publicidade e estudos de mercado

 

74. Outras actividades profesionais, científicas e técnicas

 

Servizos auxiliares

 

81.30. Actividades de xardinaría

 

95.11. Reparación de ordenadores e equipamentos periféricos

 

ANEXO VI
Relación de entidades de crédito e sociedades de garantía recíproca adheridas

Axudas do Igape para a habilitación de liñas de financiamento subsidiado
para microempresas, proxectos emprendedores e investimentos das pemes
para a mellora competitiva na Comunidade Autónoma de Galicia

Caixas

Bancos

SGR

– Caixa Rural Galega, SCCLG

– Banco Etcheverria, S.A.

– Afigal, SGR

– Banco Gallego, S.A.

– Sogarpo, SGR

– NCG Banco, S.A.

– Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A.

– Banco Pastor, S.A.

– Banco Popular Español, S.A.

– Targobank, S.A.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file