Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 2 de xullo de 2012 Páx. 26170

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 26 de xuño de 2012 pola que se aproban os modelos de declaración e autoliquidación do canon da auga e do coeficiente de vertedura creados pola Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia.

A disposición derradeira primeira do Decreto 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do réxime económico e financeiro do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais, faculta o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para ditar as normas necesarias para o seu desenvolvemento.

Esta orde é unha norma de mera instrumentación procedemental encamiñada a aprobar e regular a forma de pór á disposición da Administración os elementos da configuración e determinación da obriga tributaria, normas polo tanto, sumamente técnicas, específicas e pormenorizadas e que se adoitan encadrar dentro do que son as obrigas formais impostas aos obrigados tributarios pola normativa tributaria, cuxo cumprimento está relacionado co desenvolvemento de actuacións ou procedementos tributarios xa desenvolvidos regulamentariamente no proxecto de decreto xa citado ou, de xeito xeral, no Regulamento xeral das actuacións e os procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicación dos tributos, aprobado polo Real decreto 1065/2007, do 27 de xullo.

Neste sentido, o artigo 98 da Lei xeral tributaria sinala no seu punto 3 que «a Administración tributaria poderá aprobar modelos e sistemas normalizados de autoliquidacións, declaracións, comunicacións, solicitudes ou calquera outro medio previsto na normativa tributaria para os casos en que se produza a tramitación masiva das actuacións e dos procedementos tributarios. A Administración tributaria porá á disposición dos obrigados tributarios os modelos mencionados nas condicións que sinale a normativa tributaria» e engade que «poderá determinar os supostos e condicións en que os obrigados tributarios deberán presentar por medios telemáticos as súas declaracións, autoliquidacións, comunicacións, solicitudes e calquera outro documento con transcendencia tributaria».

Na mesma liña se expresa o artigo 88 do Real decreto 1065/2007, do 27 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral das actuacións e dos procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicación dos tributos, cando sinala que «a Administración tributaria porá á disposición dos obrigados tributarios, cando sexan previamente aprobados, os modelos normalizados de autoliquidación, declaración, comunicación de datos, solicitude ou calquera outro medio previsto na normativa tributaria, preferentemente por medios telemáticos, así como nas oficinas correspondentes para facilitar aos obrigados a achega dos datos e informacións requiridos ou para simplificar a tramitación do correspondente procedemento».

En virtude do sinalado, mediante esta orde apróbanse os diferentes modelos de autoliquidación, declaración, solicitude ou comunicación de datos que os distintos obrigados tributarios veñen obrigados a presentar ou mediante os que eses obrigados tributarios poden dirixise a Augas de Galicia para solicitar o inicio dun procedemento administrativo co obxecto de que se recoñeza algún dereito.

Neste sentido, no artigo 1 desta orde apróbanse 21 modelos vinculados a distintos procedementos regulados no Decreto 136/2012 antes citado. Non obstante, pódense establecer dous grandes grupos de modelos en función do carácter obrigatorio ou voluntario que establece o propio decreto para a súa presentación.

Un primeiro grupo témolo nos modelos cuxa presentación ten carácter obrigatorio para os correspondentes obrigados tributarios, como así ocorre cos modelos de autoliquidación das entidades subministradoras e prestadoras dos servizo de sumidoiros (artigos 52 e 71 do decreto) e os modelos de declaración de datos para os suxeitos pasivos con captacións propias de augas (artigo 54 do decreto), así como para os que dispoñan de aparellos de medida nas ditas captacións ou que veñen obrigados a declarar periodicamente datos de produción (artigo 55 do decreto).

Como outro gran grupo temos os modelos cuxa presentación é voluntaria para os distintos obrigados tributarios. Neste grupo estarían todos os modelos mediante os que os suxeitos pasivos solicitan de Augas de Galicia o recoñecemento dalgún tipo de exención ou bonificación (artigos 24, 26 e 39 do decreto), modificar o número de persoas consideradas na vivenda á hora de aplicar o sistema de tramos (artigo 22 do decreto), as comunidades de usuarios que solicitan actuar como entidades subministradoras (artigo 30 do decreto), os titulares de fosas sépticas que solicitan autorización para poder baleiralas nas depuradoras xestionadas por Augas de Galicia (artigo 72 do decreto) ou os usuarios non domésticos que solicitan tributar na modalidade de carga contaminante (artigo 61 do decreto).

O artigo 2 desta orde establece onde se poden presentar os distintos modelos de declaración, comunicación e solicitude, indicando a posibilidade de presentalo en calquera rexistro da Xunta, así como por vía telemática mediante a sede electrónica da Xunta.

Por outra parte, considerouse necesario establecer un único artigo –o 3– para regular o lugar de presentación e pagamento dos modelos de autoliquidación a que fan referencia as letras a) e b) do artigo 1.1 desta orde. O sistema regulado obriga a realizar o ingreso nas entidades bancarias autorizadas mediante transferencia bancaria e a presentar o modelo de autoliquidación mediante os rexistros da Xunta ou ben na propia sede electrónica da Xunta, todo isto dentro dos prazos sinalados no artigo 52.1 do Decreto 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais.

Finalmente, o artigo 4 desta orde establece a obrigatoriedade de que as entidades subministradoras e prestadoras do servizo de sumidoiros presenten en soporte dixital as comunicacións de importes impagados de canon da auga e coeficiente de vertedura, así como outros ficheiros en relación a un posterior cobramento ou anulación destes recibos previamente declarados como impagados, en virtude da previsión establecida no artigo 4 do Decreto 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais en que se establece que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas poderá establecer a obrigatoriedade da confección dos modelos recollidos neste regulamento mediante medios electrónicos, informáticos e telemáticos seguros cando os obrigados tributarios sexan persoas xurídicas.

Así, en virtude do exposto e de acordo coas facultades establecidas na disposición derradeira primeira do Decreto 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais,

DISPOÑO:

Aprobación de modelos

1. Aprobar os seguintes modelos relativos ao canon da auga e ao coeficiente de vertedura creados pola Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, regulados nos artigos 13, 22, 24, 26, 30, 39, 52, 54, 55, 61, 71 e 72 do Decreto 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais.

a) Modelo de autoliquidación do canon da auga por entidades subministradoras de auga, que figura no anexo I da presente orde.

b) Modelo de autoliquidación do coeficiente de vertedura por entidades subministradoras de auga e entidades prestadoras do servizo de sumidoiros, que figura no anexo II da presente orde.

c) Modelo de declaración de datos das fontes de abastecemento de auga, que figura no anexo III da presente orde.

d) Modelo de declaración de contador nas captacións propias de auga, que figura no anexo IV da presente orde.

e) Modelo de declaración de contador nas verteduras de augas residuais, que figura no anexo V da presente orde.

f) Modelo de declaración periódica de lecturas de contadores, que figura no anexo VI da presente orde.

g) Modelo de declaración de carga contaminante, que figura no anexo VII da presente orde.

h) Modelo de solicitude de acreditación do número de persoas na vivenda para aplicación do canon da auga e coeficiente de vertedura, que figura no anexo VIII da presente orde.

i) Modelo de solicitude de dedución no canon da auga para familias numerosas, que figura no anexo IX da presente orde.

j) Modelo de comunicación de cesamento da condición de familia numerosa para os efectos da dedución no canon da auga e coeficiente de vertedura, que figura no anexo X da presente orde.

k) Modelo de solicitude de exención no canon da auga por estar en situación de exclusión social, que figura no anexo XI da presente orde.

l) Modelo de comunicación de cesamento de situación de exclusión social para os efectos da exención no canon da auga e coeficiente de vertedura, que figura no anexo XII da presente orde.

m) Modelo de solicitude de exención no canon da auga e coeficiente de vertedura para centros de entidades de iniciativa social, que figura no anexo XIII da presente orde.

n) Modelo de comunicación do cesamento como centro de entidades de iniciativa social para os efectos da exención no canon da auga e coeficiente de vertedura, que figura no anexo XIV da presente orde.

ñ) Modelo de solicitude para actuar como entidade subministradora de auga na xestión do canon da auga e coeficiente de vertedura por parte das comunidades de usuarios, que figura no anexo XV da presente orde.

o) Modelo de solicitude para deixar de actuar como entidade subministradora de auga na xestión do canon da auga e coeficiente de vertedura por parte das comunidades de usuarios, que figura no anexo XVI da presente orde.

p) Modelo de solicitude de autorización para o baleiramento de fosas sépticas en depuradoras de augas residuais xestionadas por Augas de Galicia, que figura no anexo XVII da presente orde.

q) Modelo de baleiramento de fosas sépticas en depuradoras de augas residuais xestionadas por Augas de Galicia, que figura no anexo XVIII da presente orde.

r) Modelo de declaración trimestral de baleiramento de fosas sépticas en depuradoras de augas residuais xestionadas por Augas de Galicia, que figura no anexo XIX da presente orde.

s) Modelo de declaración periódica de produción hidroeléctrica, que figura no anexo XX da presente orde.

t) Modelo de declaración periódica de produción acuícola, que figura no anexo XXI da presente orde.

2. Nos modelos de autoliquidación establecidos nas letras a) e b) do número anterior deberanse cubrir tantas páxinas dos anexos I.c, I.d, I.e, If, II.c, II.d, II.e e II.f como sexan necesarias para a súa completa declaración.

Presentación das declaracións, comunicacións e solicitudes aprobadas nesta orde

Os modelos de declaración, comunicación e solicitude aprobados no artigo anterior presentaranse nos rexistros de Augas de Galicia ou en calquera rexistro dos sinalados no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Así mesmo, poderanse presentar por vía telemática no enderezo web: https://sede.xunta.es

Presentación e pagamento das autoliquidacións

1. Os modelos de autoliquidación deberán ser presentados nos prazos sinalados no artigo 52.1 do Decreto 136/2012, do 31 de maio, nos rexistros de Augas de Galicia ou en calquera rexistro dos sinalados no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Así mesmo, poderanse presentar por vía telemática no enderezo web: https://sede.xunta.es

2. As entidades subministradoras e as entidades prestadoras do servizo de sumidoiros deberán ingresar, nos prazos sinalados no artigo 52.1 do Decreto 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais, a débeda resultante dos modelos de autoliquidación mediante transferencia bancaria ás contas sinaladas por este ente nas entidades bancarias autorizadas, considerando efectuado o pagamento na data en que tivo entrada o importe correspondente na entidade bancaria autorizada e quedando liberado desde ese momento o obrigado ao pagamento fronte a Augas de Galicia pola cantidade ingresada.

Declaración de impagados polas entidades subministradoras e prestadoras do servizo de sumidoiros

1. Xunto cos modelos de autoliquidación indicado nos números 1.a) e 1.b) do artigo 1, as entidades subministradoras de auga e, de ser o caso, prestadoras do servizo de sumidoiros, deberán presentar en soporte dixital, mediante os formatos dos ficheiros de texto descritos no anexo XXII da presente orde, as seguintes relacións detalladas dos recibos de acordo co establecido no artigo 52 do Decreto 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais.

a) Relación detallada dos recibos impagados.

b) Relación detallada dos recibos anulados que foron declarados como impagados en autoliquidacións anteriores.

c) Relación detallada dos recibos percibidos que foron declarados como impagados en autoliquidacións anteriores.

d) Relación detallada dos recibos percibidos que foron declarados como impagados e en concurso de acredores en autoliquidacións anteriores.

2. Os ficheiros indicados no número anterior deberán referirse tanto ao canon da auga como ao coeficiente de vertedura e deben presentar un único ficheiro informático para ambos os tributos xunto cos modelos indicados nos números 1.a) e 1.b) do artigo 1 desta orde.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o 1 de xullo de 2012.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2012

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO XXII
Formato do ficheiro informático relativo ás declaracións de impagados por parte das entidades subministradoras de auga e prestadoras do servizo de sumidoiros

1. As entidades subministradoras e/ou prestadoras do servizo de sumidoiros que declaren ter importes pendentes de cobro de canon da auga e/ou de coeficiente de vertedura de acordo co sinalado no artigo 52.2, letras f) e g), no artigo 52.7.a) e 71 do Decreto 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais, deberán presentar o seguinte ficheiro informático en formato .txt coa seguinte estrutura.

Posición

Tamaño

Descrición

Tipo

1

10

CÓDIGO DE ENTIDADE SUBMINISTRADORA: o dito código será asignado por Augas de Galicia a cada entidade subministradora ou prestadora do servizo de sumidoiros

Alfanumérico

11

6

AUTOLIQUIDACIÓN á que se corresponde a declaración de impagados con formato BSAAAA, onde B será o semestre (1 ou 2) e AAAA o ano con catro díxitos (exemplo: 2S2012 segundo semestre de 2012, 1S2011 primeiro semestre de 2011)

Alfanumérico

17

4

TIPO DE USO: deberá indicarse «DOME», «ASIM», «NDOM» e «ESPE» en función de se o usuario é doméstico, asimilado a doméstico, non doméstico ou específico, respectivamente

Alfanumérico

21

25

Nº RECIBO: número de recibo da factura-recibo de auga onde se inclúe o canon e/ou coeficiente de vertedura

Alfanumérico

46

70

NOME E APELIDOS OU RAZÓN SOCIAL da persoa ou entidade que figure como abonada

Alfanumérico

116

9

NIF da persoa ou entidade que figure como abonada

Alfanumérico

125

16

Nº ABONADO do contrato de subministración ou, de ser o caso, de servizo de sumidoiros

Alfanumérico

141

70

ENDEREZO da vivenda ou establecemento subministrado ou, se é o caso, conectado á rede de sumidoiros

Alfanumérico

211

5

CODIGO POSTAL da vivenda ou establecemento subministrado ou, se é o caso, conectado á rede de sumidoiros

Alfanumérico

216

30

CONCELLO da vivenda ou establecemento subministrado ou, se é o caso, conectado á rede de sumidoiros

Alfanumérico

246

70

NOME E APELIDOS OU RAZÓN SOCIAL da persoa ou entidade titular da conta bancaria en que estea domiciliado o pagamento (no caso de estar domiciliado a factura-recibo da auga)

Alfanumérico

316

9

NIF da persoa ou entidade titular da conta bancaria en que estea domiciliado o pagamento (no caso de estar domiciliada a factura-recibo da auga)

Alfanumérico

325

9

VOLUME en metros cúbicos (sen decimais)

Numérico

334

9

Importe da COTA VARIABLE CANON AUGA (con dous decimais)

Numérico

343

6

Importe da COTA FIXA CANON DA AUGA (con dous decimais)

Numérico

349

9

Importe da COTA TOTAL CANON DA AUGA (fixa máis variable)

Numérico

358

9

Importe da COTA VARIABLE COEFICIENTE VERTEDURA (con dous decimais)

Numérico

367

6

Importe da COTA FIXA COEFICIENTE VERTEDURA (con dous decimais)

Numérico

373

9

Importe da COTA TOTAL COEFICIENTE VERTEDURA (fixa máis variable) (con dous decimais)

Numérico

382

7

PERÍODO a que corresponde o recibo en función do período obxecto de facturación: exemplos: 11M2011 (11º mes 2011), 4B2010 (4º bimestre 2010), 3T2012 (3º trimestre 2012), 2C2013 (2º cuadrimestre 2013), 2S2011 (2º semestre 2011), A2012 (anual 2012)

Alfanumérico

389

10

DATA DE EMISIÓN da factura-recibo da auga/sumidoiros

Alfanumérico

399

10

DATA DE VENCEMENTO período voluntario da factura-recibo de auga/sumidoiros

Alfanumérico

409

10

DATA de aprobación do PADRÓN da auga/sumidoiros

Alfanumérico

419

10

DATA de publicación BOP da exposición pública

Alfanumérico

429

10

DATA de notificación da factura-recibo

Alfanumérico

439

2

CONCURSO DE ACREDORES: indicación de se a factura-recibo de auga/sumidoiros está comunicada ao administrador concursal (si/non)

Alfanumérico

441

10

DATA de declaración do CONCURSO de acredores (só no caso de estar a débeda comunicada ao administrador concursal)

Alfanumérico

451

12

REFERENCIA DO CONCURSO de acredores (só no caso de estar a débeda comunicada ao administrador concursal)

Alfanumérico

463

20

XULGADO declarante do concurso de acredores (só no caso de estar a débeda comunicada ao administrador concursal)

Alfanumérico

483

10

DATA BOE en que se anuncia a declaración de concurso (só no caso de estar a débeda comunicada ao administrador concursal)

Alfanumérico

O ficheiro informático deberá denominarse co seguinte formato: DIBSAAAAEEEEEEEEEE, onde B será o semestre a que se corresponde a declaración de impagados (1º ou 2º), AAAA o ano con catro díxitos e EEEEEEEEEE será o código de entidade subministradora (exemplo para código de entidade subministradora C500078 para ficheiro do primeiro semestre de 2013, «DI1S2013C500078»).

2. As entidades subministradoras e/ou prestadoras do servizo de sumidoiros que declaren ter importes anulados de canon da auga e/ou de coeficiente de vertedura de importes declarados como impagados en anteriores autoliquidacións de acordo co sinalado no artigo 52.7.b) e 71 do Decreto 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais, deberán presentar o seguinte ficheiro informático en formato .txt coa seguinte estrutura.

Posición

Tamaño

Descrición

Tipo

1

10

CÓDIGO DE ENTIDADE SUBMINISTRADORA: o dito código será asignado por Augas de Galicia a cada entidade subministradora ou prestadora do servizo de sumidoiros por cada concello abastecido

Alfanumérico

11

6

AUTOLIQUIDACIÓN en que se declaran os importes anulados de cantidades declaradas previamente como impagadas con formato BSAAAA onde B será o semestre (1 ou 2) e AAAA o ano con catro díxitos (exemplo: 2S2012 segundo semestre de 2012, 1S2011 primeiro semestre de 2011)

Alfanumérico

17

6

AUTOLIQUIDACIÓN en que se declarou o impagado con formato BSAAAA onde B será o semestre (1 ou 2) e AAAA o ano con catro díxitos (exemplo: 2S2012 segundo semestre de 2012, 1S2011 primeiro semestre de 2011)

Alfanumérico

23

4

TIPO DE USO: deberá indicarse «DOME», «ASIM», «NDOM» e «ESPE» en función de se o usuario é doméstico, asimilado a doméstico, non doméstico ou específico, respectivamente

Alfanumérico

27

25

Nº RECIBO: número de recibo da factura-recibo de auga onde se inclúe o canon e/ou coeficiente de vertedura

Alfanumérico

52

70

NOME E APELIDOS OU RAZÓN SOCIAL da persoa ou entidade que figure como abonada

Alfanumérico

122

9

NIF da persoa ou entidade que figure como abonada

Alfanumérico

131

9

VOLUME en metros cúbicos (sen decimais)

Numérico

140

9

Importe da COTA VARIABLE CANON AUGA (con dous decimais)

Numérico

149

6

Importe da COTA FIXA CANON DA AUGA (con dous decimais)

Numérico

155

9

Importe da COTA TOTAL CANON DA AUGA (fixa máis variable) (con dous decimais)

Numérico

164

9

Importe da COTA VARIABLE COEFICIENTE VERTEDURA (con dous decimais)

Numérico

173

6

Importe da COTA FIXA COEFICIENTE VERTEDURA (con dous decimais)

Numérico

179

9

Importe da COTA TOTAL COEFICIENTE VERTEDURA (fixa máis variable) (con dous decimais)

Numérico

188

7

PERÍODO a que corresponde o recibo en función do período obxecto de facturación: exemplos: 11M2011 (11º mes 2011), 4B2010 (4º bimestre 2010), 3T2012 (3º trimestre 2012), 2C2013 (2º cuadrimestre 2013), 2S2011 (2º semestre 2011), A2012 (anual 2012)

Alfanumérico

195

10

DATA DE VENCEMENTO período voluntario da factura-recibo de auga/sumidoiros

Alfanumérico

205

10

DATA DE ANULACIÓN

Alfanumérico

O ficheiro informático deberá denominarse co seguinte formato: DABSAAAAEEEEEEEEEE, onde B será o semestre ao que se corresponde a declaración de impagados (1º ou 2º), AAAA o ano con catro díxitos e EEEEEEEEEE será o código de entidade subministradora (exemplo para código de entidade subministradora C500078 para ficheiro do primeiro semestre de 2013, «DA1S2013C500078»).

3. As entidades subministradoras e/ou prestadoras do servizo de sumidoiros que declaren ter importes percibidos de canon da auga e/ou de coeficiente de vertedura de importes declarados como impagados en anteriores autoliquidacións de acordo co sinalado nos artigos 52.5 e 71 do Decreto 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais, deberán presentar o seguinte ficheiro informático en formato .txt coa seguinte estrutura.

Posición

Tamaño

Descrición

Tipo

1

10

CÓDIGO DE ENTIDADE SUBMINISTRADORA: o dito código será asignado por Augas de Galicia a cada entidade subministradora ou prestadora do servizo de sumidoiros por cada concello abastecido

Alfanumérico

11

6

AUTOLIQUIDACIÓN en que se ingresan os importes percibidos de cantidades declaradas previamente como impagadas con formato BSAAAA onde B será o semestre (1 ou 2) e AAAA o ano con catro díxitos (exemplo: 2S2012 segundo semestre de 2012, 1S2011 primeiro semestre de 2011)

Alfanumérico

17

6

AUTOLIQUIDACIÓN en que se declarou o impagado con formato BSAAAA onde B será o semestre (1 ou 2) e AAAA o ano con catro díxitos (exemplo: 2S2012 segundo semestre de 2012, 1S2011 primeiro semestre de 2011)

Alfanumérico

23

4

TIPO DE USO: deberá indicarse «DOME», «ASIM», «NDOM» e «ESPE» en función de se o usuario é doméstico, asimilado a doméstico, non doméstico ou específico, respectivamente

Alfanumérico

27

25

Nº RECIBO: número de recibo da factura-recibo de auga onde se inclúe o canon e/ou coeficiente de vertedura

Alfanumérico

52

70

NOME E APELIDOS OU RAZÓN SOCIAL da persoa ou entidade que figure como abonada

Alfanumérico

122

9

NIF da persoa ou entidade que figure como abonado

Alfanumérico

131

9

VOLUME en metros cúbicos (sen decimais)

Numérico

140

9

Importe da COTA VARIABLE CANON AUGA (con dous decimais)

Numérico

149

6

Importe da COTA FIXA CANON DA AUGA (con dous decimais)

Numérico

155

9

Importe da COTA TOTAL CANON DA AUGA (fixa máis variable) (con dous decimais)

Numérico

164

9

Importe da COTA VARIABLE COEFICIENTE VERTEDURA (con dous decimais)

Numérico

173

6

Importe da COTA FIXA COEFICIENTE VERTEDURA (con dous decimais)

Numérico

179

9

Importe da COTA TOTAL COEFICIENTE VERTEDURA (fixa máis variable) (con dous decimais)

Numérico

188

7

PERÍODO a que corresponde o recibo en función do período obxecto de facturación: exemplos: 11M2011 (11º mes 2011), 4B2010 (4º bimestre 2010), 3T2012 (3º trimestre 2012), 2C2013 (2º cuadrimestre 2013), 2S2011 (2º semestre 2011), A2012 (anual 2012)

Alfanumérico

195

10

DATA DE VENCEMENTO período voluntario da factura-recibo de auga/sumidoiros

Alfanumérico

205

10

DATA DE COBRAMENTO

Alfanumérico

215

70

XUSTIFICACIÓN: motivo polo que se admitiu o pagamento dese importe

Alfanumérico

O ficheiro informático deberá denominarse co seguinte formato: DPBSAAAAEEEEEEEEEE, onde B será o semestre a que se corresponde a declaración de impagados (1º ou 2º), AAAA o ano con catro díxitos e EEEEEEEEEE será o código de entidade subministradora (exemplo para código de entidade subministradora C500078 para ficheiro do primeiro semestre de 2013, «DP1S2013C500078»)

4. As entidades subministradoras e/ou prestadoras do servizo de sumidoiros que declaren ter importes percibidos de canon da auga e/ou de coeficiente de vertedura de importes declarados como impagados en concurso de acredores en anteriores autoliquidacións de acordo co sinalado nos artigos 52.5 e 71 do Decreto 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais, deberán presentar o seguinte ficheiro informático en formato .txt coa seguinte estrutura.

Posición

Tamaño

Descrición

Tipo

1

10

CÓDIGO DE ENTIDADE SUBMINISTRADORA: o dito código será asignado por Augas de Galicia a cada entidade subministradora ou prestadora do servizo de sumidoiros por cada concello abastecido

Alfanumérico

11

6

AUTOLIQUIDACIÓN en que se ingresan os importes percibidos de cantidades declaradas previamente como impagadas con formato BSAAAA onde B será o semestre (1 ou 2) e AAAA o ano con catro díxitos (exemplo: 2S2012 segundo semestre de 2012, 1S2011 primeiro semestre de 2011)

Alfanumérico

17

6

AUTOLIQUIDACIÓN en que se declarou o impagado con formato BSAAAA ONDE B será o semestre (1 ou 2) e AAAA o ano con catro díxitos (exemplo: 2S2012 segundo semestre de 2012, 1S2011 primeiro semestre de 2011)

Alfanumérico

23

4

TIPO DE USO: deberá indicarse «DOME», «ASIM», «NDOM» e «ESPE» en función de se o usuario é doméstico, asimilado a doméstico, non doméstico ou específico, respectivamente

Alfanumérico

27

25

Nº RECIBO: número de recibo da factura-recibo de auga onde se inclúe o canon e/ou coeficiente de vertedura

Alfanumérico

52

70

NOME E APELIDOS OU RAZÓN SOCIAL da persoa ou entidade que figure como abonado

Alfanumérico

122

9

NIF da persoa ou entidade que figure como abonado

Alfanumérico

131

9

VOLUME en metros cúbicos (sen decimais)

Numérico

140

9

Importe da COTA VARIABLE CANON AUGA (con dous decimais)

Numérico

149

6

Importe da COTA FIXA CANON DA AUGA (con dous decimais)

Numérico

155

9

Importe da COTA TOTAL CANON DA AUGA (fixa máis variable) (con dous decimais)

Numérico

164

9

Importe da COTA VARIABLE COEFICIENTE VERTEDURA (con dous decimais)

Numérico

173

6

Importe da COTA FIXA COEFICIENTE VERTEDURA (con dous decimais)

Numérico

179

9

Importe da COTA TOTAL COEFICIENTE VERTEDURA (fixa máis variable) (con dous decimais)

Numérico

188

7

PERÍODO a que corresponde o recibo en función do período obxecto de facturación: exemplos: 11M2011 (11º mes 2011), 4B2010 (4º bimestre 2010), 3T2012 (3º trimestre 2012), 2C2013 (2º cuadrimestre 2013), 2S2011 (2º semestre 2011), A2012 (anual 2012)

Alfanumérico

195

10

DATA DE VENCEMENTO período voluntario da factura-recibo de auga/sumidoiros

Alfanumérico

205

5

QUITACIÓN aprobada: porcentaxe

Numérico

210

9

Importe percibido da COTA TOTAL CANON DA AUGA CON QUITACIÓN

Numérico

219

9

Importe percibido da COTA TOTAL COEFICIENTE DE VERTEDURA CON QUITACIÓN

Numérico

228

10

DATA aprobación CONVENIO

Alfanumérico

238

10

DATA COBRAMENTO

Alfanumérico

O ficheiro informático deberá denominarse co seguinte formato: DCBSAAAAEEEEEEEEEE, onde B será o semestre a que se corresponde a declaración de impagados (1º ou 2º), AAAA o ano con catro díxitos e EEEEEEEEEE será o código de entidade subministradora (exemplo para código de entidade subministradora C500078 para ficheiro do primeiro semestre de 2013, «DC1S2013C500078»)